1 de xuño de 2015

Proposta da AEB: máis obxectivos, maior carga e ritmos de traballo e xornadas laborais sen fin

Na reunión do 28 de maio abordouse todo o relacionado coa carreira profesional; cada sindicato presentou as súas propostas (algunhas copiadas das presentadas con anterioridade pola CIG). A patronal dedicouse a dicir non e a pretender unha maior mobilidade funcional, o que enlaza con outras medidas de flexibilidade (flexibilidade horaria, etc).

O acordo estatal entre patronais e sindicatos centralistas, o AENC2015, non só recolle a contención salarial como norma, tamén un compromiso para implantar unha maior flexibilidade interna (en mobilidade funcional e xeográfica, horarios, etc.).
AEB reclama que no Convenio se pacten as medidas acordadas no AENC2015. A CIG non ten esas ataduras.

Seguimos insistindo en que o maior problema é a flexibilidade que demanda toda a patronal. Pretende afondar nas vellas políticas comerciais que provocaron un sufrimento aos cadros de persoal, á clientela e á sociedade en xeral. Preferentes, subordinadas, cláusulas chan, swapsetc., non poden repetirse, pero un acordo que permita implantar o «traballo por obxectivos» sentará as bases para novos calotes.

Falar de «flexibilidade» significa implantar un sistema de «traballo por obxectivos», teremos unha presión aínda maior para colocar produtos que a clientela non demanda. Ás empresas, que marcan obxectivos crecentes e inalcanzables, que marcan ritmos de traballo asfixiantes (que están na orixe de numerosas enfermidades) non lles importa o horario, dando lugar a xornadas laborais sen fin. Queren que cumpramos eses obxectivos disparatados. O tempo que tardemos en facelo é o noso problema. Total, nin pagan nin pagarán as horas extras.

Esa é a triste realidade da «flexibilidade», explotación pura e dura. Por todo isto seguimos defendendo a nosa plataforma inicial, que foi creada para abordar os problemas que sufrimos os cadros de persoal polas políticas comerciais. AEB acúsanos de querer manter condicións laborais dos anos 50, pero son eles os que pretenden retroceder ao século XIX. Así non haberá acordo, cando menos coa CIG. Vindeira reunión 11 de xuño.




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Convenio Galego Xa!
Comunicado 150528 [.pdf • 160 kB]

Ningún comentario: