18 de xuño de 2015

Por unha banca ao servizo da sociedade

O BBVA vai poñer en marcha o día 22 deste mes, na oficina de en Compostela, un plan piloto para forzar a desaparición dos servizos da xanela de caixa nas oficinas, eliminando as operacións en efectivo. Unha medida que prexudicará a gran parte da clientela, nomeadamente ás persoas con maior idade que non forman parte da suposta «modernidade dixital» que o banco pretende potenciar.

Pero, ademais, con esta decisión o banco ponse na primeira liña da política que seguen todas as entidades: se prospera, seguirano outras. Pretenden deixar de dar servizo á clientela para converter os centros de traballo en oficinas de colocación de produtos financeiros que a clientela non demanda, recruando as presións e o acoso ao persoal, mediante a imposición de obxectivos de vendas leoninos.

Reivindicamos o mantemento dos postos de traballo que o banco pretende extinguir con esta medida, o servizo de efectivo nas entidades ten unha gran demanda; pretender eliminalo prexudica ao emprego, pero tamén á clientela e á sociedade no seu conxunto. Xa está ben dos abusos da gran banca e das axudas públicas directas e indirectas. Os traballadores e as traballadoras temos vocación de servizo á sociedade e rexeitamos o modelo bancario baseado no abuso e espolio da clientela.


Imaxes da concentranción do día 16 de xuño 2015
  Imaxes: CIG BBVA (ccBY-NC-SA 3.0 · España

Polo mantemento dos postos de caixa no BBVA
Non queremos ser simples vendedores/as de produtos que a clientela non pide



Ligazón relacionada:

Álbum de fotos da concentración (16/06/2015)





➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 150617 [.pdf • 952 kB]


Ningún comentario: