Estase a cargar, agarde un momento por favor!

16 de abril de 2015

Xornada xeral de mobilización contra o TTIP

TTIP

A CIG, membro da Plataforma Europea «», súmase á xornada internacional de mobilizacións xerais e simultáneas que se desenvolverán en Europa e América do norte o vindeiro sábado 18 de abril e convoca concentracións e actos en todas as comarcas contra os diferentes tratados que están a negociar a UE e América do Norte, entre eles o TTIP (Tratado Transatlántico de Comercio e Investimentos) e o CETA (Acordo Económico de Comercio Global).

Este sábado hai concentracións nas distintas cidades e vilas galegas, agás en Vigo, onde terá lugar unha manifestación na que participa a CIG.

Horarios (CEST)

Infórmate, divulga e participa nas mobilizacións, están en xogo os teus dereitos máis fundamentais.



Ligazóns relacionadas:
Tratado libre comercio UEEUA (e Canadá):
A CIG asina manifesto contra os acordos trasatlánticos

Ningún comentario: