Estase a cargar, agarde un momento por favor!

15 de abril de 2015

Non mareemos a perdiz. É hora de crear emprego e mellorar condicións laborais

Xa advertimos que a negociación non avanzaría en tanto non pechasen o Acordo Confederal de Negociación Colectiva, mentres no Convenio de Banca perdemos o tempo (algúns retrasaron a entrega das súas propostas até final de mes).

Debuxo de Manel

A patronal si deixou claras as súas intencións, sen complexos. AEB chama «modernización», a retornar ás condicións do escravismo capitalista do século XIX. A CIG aposta polo progreso contra a barbarie neoliberal da patronal, por iso xa entregamos a nosa Plataforma de Convenio [.pdf • 167 kB] e defendemos as nosas posicións:

  • Suba salarial: Os salarios débense actualizar en relación á suba do custe da vida, por xustiza social e para reactivar o consumo.
  • Retribución antigüidade: Débese manter, dado que recoñece a experiencia e a fidelidade coas empresas (incluso empresas de países ultra‐capitalistas coma os USA así o recoñecen).
  • Pagas de Beneficios: Débense manter, son un estímulo económico á produtividade con criterios obxectivos. Facer partícipes aos traballadores e traballadoras da boa marcha das empresas é positivo e moderno; recortar salarios é negativo e antediluviano.
  • Emprego: A exteriorización de traballos bancarios provocou unha importante perda de postos de traballo. Defendemos recuperar esa carga de traballo.
  • Conciliación e Igualdade: A patronal fala de «modernización» pero esquece falar da conciliación da vida persoal e laboral e das políticas de Igualdade. Curioso.
  • Mobilidade xeográfica: Non hai necesidade de incrementala, só é a posta en práctica da súa filosofía xeral: negar dereitos xa existentes.

A diferenza desta negociación colectiva con outras anteriores, radica en que a patronal está crecida despois de anos de axustes, de sucesivas reformas laborais, de novas estratexias empresariais para empeorar as condicións e baixar salarios, e da utilización do desemprego como arma para aterrorizar ás persoas empregadas co fin de que non reclamen os seus dereitos.

As empresas creen que non precisan negociar e van a por todas.




Convenio Galego Xa!
Comunicado 150415 [.pdf • 167 kB]



Ligazón relacionada:
Folla de afiliación: http://ir.gl/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]

Ningún comentario: