Estase a cargar, agarde un momento por favor!

11 de febreiro de 2015

Eleccións Sindicais BBVA 2015: Resultados

De novo, a CIG foi o sindicato mellor valorado por todos e todas vós no ámbito do BBVA en Galiza, renovando a súa maioría sindical cos seguintes resultados:

A CIG obtivo o 29'9% dos votos emitidos, o que supón 15 delegados
 
Queremos destacar que a CIG obtivo 261 votos, sendo a primeira forza sindical en Galiza no BBVA. Estes resultados van garantir a nosa presenza na mesa negociadora do convenio de banca.
 
Consulta na intranet do banco, os compañeiros e compañeiras elexidos


Se apoiaches a nosa candidatura co teu voto, queremos darte as máis sinceras grazas pola confianza que depositaches en nós, e asegurarte que imos traballar para facernos merecedoras dela.

Se non nós apoiaches, queremos que saibas que os nosos representantes o son de todas as persoas que traballamos no BBVA, polo que tamén estamos á túa disposición.

Cremos nun sindicato activo, polo que esperamos que a túa participación non remate co acto da votación, senón que nos esixas o cumprimento das responsabilidades adquiridas, e nos fagas chegar as túas aportacións, suxerencias e críticas, que nos axudarán a mellorar.

A Forza da Clase Traballadora

Grazas de novo a todos e todas.

Ningún comentario: