9 de febreiro de 2015

Coa forza do teu voto

Coa forza do teu voto nós seremos a túa voz na defensa do posto de traballo fronte a novas fusións, regulacións e peche de oficinas. Para rematar coa práctica dos horarios abusivos. Conquistar salarios e beneficios que fagan xustiza ao que se fai. Promoción de carreira e traslados con obxectividade e transparencia. A plena igualdade real.

CIG / BBVA, a voz sindical de proximidade

Sabido é que na CIG, pola nosa condición exclusivamente galega, contamos co noso centro de decisión aquí, ao carón de todas e todos vós. Non temos liberados/as polo BBVA, nin gozamos de recursos de empresa que condicionen ou limiten o noso compromiso irrenunciable á defensa do interese das compañeiras e compañeiros que o precisen. Amparados legalmente pola nosa condición de «sindicato máis representativo», a nosa participación nas negociacións sectoriais ou de empresa, supoñen a oportunidade de trasladar a problemática directa e próxima que poida afectar a cada un/unha de vós, sen deixar de abordar os grandes retos laborais da totalidade do colectivo.

O sindicato é unha ferramenta fundamental para a mediación e defensa da persoa traballadora fronte ao banco. A posición de forza é ben distinta cando se actúa só ou co respaldo colectivo. Para debilitar esta condición favorable, desde o interese patronal promóvese a falsa imaxe de que «todos son iguais» para identificar o sindicalismo con lamentables casos de corrupción que afectan a outras organizacións. Porén, a CIG é unha alternativa que se distingue pola honestidade e honradez da súa militancia. Aquí, quen vai nunha candidatura da CIG non busca beneficio persoal nin medrar na empresa. Faino por compromiso e vontade de servizo. Por iso, o noso modelo é de sindicalismo horizontal en permanente contacto coa xente. Somos a voz sindical máis próxima ás oficinas da rede. A túa propia voz que será máis forte cos votos á candidatura da CIG / BBVA.

Sindicalismo de proximidade

Somos un sindicato próximo, insubornable, duro e incansable na defensa do interese colectivo. Unha alternativa que se distingue pola honestidade e honradez da súa militancia. Aquí, quen vai nunha candidatura da CIG non busca beneficio persoal nin medrar na empresa. Faino por compromiso e vontade de servizo. Por iso, o noso modelo é de sindicalismo horizontal en permanente contacto coa xente. Somos a voz sindical máis próxima ás oficinas da rede.




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 150209 [.pdf • 1'75 MB]


Ningún comentario: