Estase a cargar, agarde un momento por favor!

25 de febreiro de 2015

Vannos oír en Bilbao

Si, vannos oír. Alto e claro. Na Xunta Xeral de Accionistas do BBVA que se celebrará o próximo 13 de marzo, en Bilbao. Como fixemos nas anteriores convocatorias. Para que a voz das compañeiras e compañeiros galegos do banco teña presenza no foro onde se acordan asuntos que marcarán o noso futuro.

Seremos a voz sindical que faga oír a queixa por esa abusiva e sistemática prolongación de xornada, a todas luces ilegal, que impide a conciliación da vida laboral coa familiar e persoal. Defenderemos o valor do capital humano como factor fundamental no resultado do banco, necesitado dunha política retributiva xusta, afastada da arbitrariedade que representa un sistema variable baseado nunha avaliación maleable que dá pé a retribucións obscenas, a favor do ámbito directivo, proxectando unha imaxe negativa ante a sociedade ao tempo que se furta á xente.

Demandaremos unha actuación coherente coas proclamas sobre a igualdade para que esta sexa real á hora de respectar a promoción ás función directivas, hoxe en día negadas na práctica. Pediremos o recoñecemento dos riscos psicosociais na prevención, causados pola crecente presión laboral soportada por causa da fixación de obxectivos fóra da realidade do mercado.


Quen vai representar mellor o teu verdadeiro interese?


Si tés decidido ir, vémonos alí. Se non participas persoalmente na Xunta de Accionistas, propoñémosche que delegues o teu voto a favor da portavoz de CIG / BBVA: María Carmen García González.
Si o fas así, achéganos o documento asinado que podes entregar a calquera representante da CIG ou envialo á portavoz:
of. 2204 Av. Finisterre / A Coruña.





Comunicado 150223 [.pdf • 476 kB]




Ligazóns relacionadas:

Intervención da CIG na Xunta Xeral de Accionistas

Folla de afiliación: http://ir.gl/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]

Ningún comentario: