Estase a cargar, agarde un momento por favor!

3 de febreiro de 2015

Máis necesario que nunca

A túa vozPara os tempos difíciles que se viven na banca é necesario un sindicalismo de proximidade, pegado á realidade cotiá dos problemas laborais, incansable, combativo, honrado e honesto. O modelo que compromete CIG/BBVA


Para defender unha xornada laboral racional.

EE11F15

Tanto o Convenio Colectivo da Banca, coma acordos a nivel de empresa, permiten ás Direccións impoñer uns horarios de traballo irracionais a través da extensión ilegal da xornada. Ademais acaba de abrirse unha guerra de horarios no sector financieiro coa aceptación por parte dos sindicatos estatais da apertura polas tardes das oficinas nalgunhas empresas. Votar as candidaturas da CIG é asegurarse poder contar cunha representación disposta a defender uns horarios racionais.
A CIG non asinou ningún acordo para estender os horarios, nin para abrir as oficinas todas as tardes.


Candidatura 2015 CIG BBVA nas principais cidades de Galiza

Para defender a igualdade efectiva.

As mulleres estamos cada vez mais presentes no banco, pero relegadas ao segundo plano. O Plan de Igualdade asinado por outros non garantiron a igualdade. Votar a CIG é asegurarse unha representación que reclame a revisión e aplicación efectiva do Plan de Igualdade no BBVA.

Para defender o teu salario e unha retribución xusta.

O que ti gañas merécelo, é froito do teu traballo e esforzo. Os recortes salariais que vivimos nos últimos anos, tanto a nivel de sector coma de empresa, non son de recibo. As empresas cada vez nos esixen mais e pretenden pagar menos. Por iso, votar CIG é asegurarse poder contar cunha representación sindical que non acepta baixada de salarios.
A CIG non asinou rebaixas salariais en ningunha Entidade.

Para defender un modelo sindical honrado e honesto.

A corrupción é hoxe un dos grandes problemas do Estado; no movemento sindical tamén se coñeceron casos graves de corrupción. Votar a CIG asegura ter unha representación sindical honrada e honesta: quen vai nunha candidatura da CIG non busca o seu beneficio persoal, nin medrar na empresa, faino por compromiso.
A toma de decisións colectivas que practicamos na CIG é o maior antídoto contra a corrupción sindical.




Comunicado 150203 [.pdf • 580 kB]




Ligazón relacionada:
Folla de afiliación: http://ir.gl/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]

Ningún comentario: