Estase a cargar, agarde un momento por favor!

8 de xaneiro de 2015

Queremos máis, e querémolo agora

11F15

Van alá os catro anos de mandato da representación sindical coa nova convocatoria de eleccións fixada para o próximo 11 de febreiro. Rematou a vixencia do Convenio colectivo (31-12-2014) que, sumado á do PP, trouxo un acusado retroceso nos laborais, grave salarial, manifesto abuso nas condicións de traballo e reformas legais contrarias á clase traballadora e pensionista. Queremos continuar así?


Non se dubida da boa fe que todos os sindicatos poñen en acadar as mellores condicións de emprego e salariais a favor dos traballadores e traballadoras que representan. Cousa ben diferente é a práctica negociadora consecuente. Á vista está o gran retroceso que ten producido o vixente Convenio sectorial e a nula fiscalización mobilizadora do colectivo afectado, mesmo en reclamar o cumprimento dalgún dos aspectos sobre emprego e xornada laboral, formalmente recollidos no documento e absolutamente burlados pola parte empresarial, amparándose na manida crise económica e financeira ao tempo que, cinicamente, proclaman cuantiosos beneficios para a conta de resultados das entidades.

É tempo de elección, de escolla dunha nova representación que aborde a defensa dos dereitos económicos e laborais das persoas que traballan no sector bancario. É o momento de optar polo sindicalismo insubornable, pegado á realidade do traballo cotiá, e recoñecido pola súa incansable combatividade. É hora de expresar que queremos máis e querémolo agora. Temos dereito a un futuro mellor.

 
  • CIG 18 delegados (37'5%)
  • CC.OO 12 delegados (25%)
  • ACB 9 delegados (18'75%)
  • UGT 6 delegados (12'5%)
  • CGT 3 delegados (6'25%)
BBVA Eleccións Sindicais 2010 Delegados/as Galiza

Sabido é que na CIG, pola nosa condición exclusivamente galega, contamos co noso centro de decisión aquí, ao carón de todas e todos vós. Non temos liberados/as polo BBVA, nin gozamos de recursos de empresa que condicionen ou limiten o noso compromiso irrenunciable á defensa do interese das compañeiras e compañeiros que o precisen. Amparados legalmente pola nosa condición de «sindicato máis representativo», a nosa participación nas negociacións sectoriais ou de empresa, supoñen a oportunidade de trasladar a problemática directa e próxima que poida afectar a cada un/unha de vós, sen deixar de abordar os grandes retos laborais da totalidade do colectivo.




Comunicado 150114 [.pdf • 526 kB]




Ligazón relacionada:
Folla de afiliación: http://ir.gl/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]

Ningún comentario: