Estase a cargar, agarde un momento por favor!

15 de xaneiro de 2015

Unha voz sindical próxima: Xosé Miguel

Xosé Miguel / Lugo
Somos un sindicato insubornable, duro e incansable na defensa do interese colectivo

Miguel / Lugo

Que representan para CIG BBVA as Eleccións Sindicais?

Son un instrumento de participación, non un fin en si mesmo, que deben permitir reforzar a forza sindical que traballa para rematar coa prolongación irregular de xornada non retribuída; busca un sistema salarial xusto, equilibrado e transparente que fuxa das manipuladas fórmulas variables; con políticas laborais pensadas e orientadas a favor das persoas que compoñen o cadro de persoal do banco, baixo o irrenunciable obxectivo da verdadeira conciliación da vida laboral coa persoal e familiar.
Aspectos que deben integrarse nun convenio escrito que regule e dote de protección xurídica aos acordos fronte á arbitrariedade da empresa. Somos un sindicato próximo, insubornable, duro e incansable na defensa do interese colectivo.

Cal é a situación laboral no banco?

Banco e sector viven un proceso laboral e social excepcional, que se ceba sobre as condicións de traballo baixo pretexto dunha crise que na práctica serve para desenvolver un proceso de regulación encuberto, coa pasividade dos sindicatos institucionais que miran para outro lado, permitindo facer.

Aumenta o negocio, diminúe o cadro de persoal

A política de transformación en BBVA agocha un proceso de regulación de emprego, cruamente evidenciado ao comparar a evolución negativa do cadro de persoal entre os dous procesos electorais. No conxunto galego supón unha perda do 15'45%. Tendencia que vai continuar así de non poñerlle freo.


Empregados/as BBVA Galiza: decembro 2010—xaneiro 2015
Provincia xaneiro 2015 decembro 2010 Variación
Galiza 1.012 1.197 — 185
A Coruña 523 617 — 94
Lugo 124 146 — 22
Ourense 91 105 — 14
Pontevedra 274 329 — 55



Comunicado 150115 [.pdf • 173 kB]




Ligazón relacionada:
Folla de afiliación: http://ir.gl/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]

Ningún comentario: