Estase a cargar, agarde un momento por favor!

27 de xaneiro de 2015

Unha voz sindical próxima: Luis

Luis / Ourense
A retribución variable, dependente da avaliación, non recompensa o esforzo extraordinario que se fai

Luis / Ourense

O proceso de avaliación, é transparente e obxectivo?

Non, rotundamente. A catalogación, a fixación de obxectivos e a avaliación son perigosos instrumentos ao servizo do banco para forzar ao límite o nivel de dedicación do persoal con abusivos horarios, fóra do establecido legalmente. A retribución variable, dependente dunha subxectiva avaliación, non recompensa o esforzo extraordinario que se fai. Por máis que BBVA pretenda vender a racionalidade do método, é evidente a súa falla de transparencia e arbitrariedade. Esta vai camuflada baixo manipulables obxectivos de cliente, tácticos e outros do estilo de dixitalización ou cultura corporativa que deixan á comenencia da Dirección o resultado final que na práctica adaptarase ao que xa se teña decidido. De nada valerá a entrevista posterior. Aquí non hai rigor, coherencia nin xustiza.

Pode regularse por acordo social?

CIG demanda que así se faga. Mellor aínda dentro do Convenio sectorial para que o proceso goce de forza legal. Os incentivos baseados nun acordo laboral favorecen a imaxe de transparencia e responsabilidade da empresa e motivan máis eficazmente no traballo cotiá do cadro de persoal.

A parte contratante do Plan de Pensións

No Plan de Pensións de Emprego BBVA, á medalla que algún sindicato se coloca a si mesmo pésalle a lousa de ser descarada arte e parte da xestión, Pensionistas GPP (60% BBVA, 40% CC.OOUGT), con millonario dividendo. É obvio que aquí existe incompatibilidade ética e moral ao formar a Comisión de Control que debe velar polo interese colectivo. Un inxustificable caso no que a parte contratante da primeira parte é igual á parte contratante da segunda.




Comunicado 150127 [.pdf • 717 kB]




Ligazón relacionada:
Folla de afiliación: http://ir.gl/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]

Ningún comentario: