Estase a cargar, agarde un momento por favor!

30 de xaneiro de 2015

Unha voz sindical próxima: Cristina

Cristina / Vigo
Quen vai nunha candidatura da CIG non busca beneficio persoal. Queremos honestidade e honradez”

Cristina / Vigo

Que se propón, desde a CIG, para motivar á sindicación?

O sindicato é unha ferramenta fundamental para a mediación e defensa da persoa traballadora fronte ao banco. A posición de forza é ben distinta cando se actúa só ou co respaldo colectivo. Para debilitar esta condición favorable, desde o interese patronal promóvese a falsa imaxe de que «todos son iguais» para identificar o sindicalismo con lamentables casos de corrupción que afectan a outras organizacións.
Porén, a CIG é unha alternativa que se distingue pola honestidade e honradez da súa militancia. Aquí, quen vai nunha candidatura da CIG non busca beneficio persoal nin medrar na empresa. Faino por compromiso e vontade de servizo. Por iso, o noso modelo é de sindicalismo horizontal en permanente contacto coa xente. Somos a voz sindical máis próxima ás oficinas da rede.

Cales son os retos que asumirá a CIG?

A defensa do posto de traballo fronte a novas fusións, regulacións e peche de oficinas. Rematar coa práctica dos horarios abusivos. Conquistar salarios e beneficios que fagan xustiza ao que se fai. Promoción de carreira e traslados con obxectividade e transparencia. A plena igualdade real.

A estratexia da araña

Coa Enquisa sobre Clima Laboral, denunciando a falla de igualdade e transparencia nos traslados e promocións, nos próximos meses afrontaremos un novo proceso bianual de valoración de competencias.

araña
Un método que sumado á catalogación e á avaliación son instrumentos ao servizo da subxectividade, camuflada baixo sofisticados criterios de aparente racionalidade.
É a «estratexia da araña» que busca tecer redes para atrapar e paralizar.




Comunicado 150130 [.pdf • 670 kB]




Ligazón relacionada:
Folla de afiliación: http://ir.gl/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]

Ningún comentario: