Estase a cargar, agarde un momento por favor!

20 de xaneiro de 2015

Unha voz sindical próxima: Carmen

Carmen / A Coruña
A prolongación abusiva da xornada de traballo impide conciliar a vida laboral coa persoal e familiar

Carmen / A Coruña

BBVA, facilita a conciliación de vida laboral e persoal?

Non, en absoluto. A práctica abusiva de forzar a prolongación da xornada impide a conciliación real da vida laboral coa persoal e familiar. É, con seguridade, un dos problema máis importante que soportamos as mulleres e homes que traballamos para esta entidade. Queixa reiterada nas enquisas sobre clima laboral.
As empresas son as persoas que traballan nela. Precisamos de medidas humanizadoras do ámbito laboral. Profesionais satisfeitos de traballar no banco que serán persoas motivadas e comprometidas coa entidade. E iso remata por traducirse en máis rendemento na conta de resultados, na calidade e na procura da excelencia como meta.
O obxectivo de acadar que BBVA sexa un «Banco 10» debe comezar pola satisfacción do seu persoal.

Cal é resultado do Plan de Igualdade?

Nulo. Non pasa de documento feito para quedar ben. Pura pose e imaxe de falsa integración. Para nós, a CIG, arbitrariamente excluídos na súa elaboración, é o «plan de dá igual». Remata agora a súa vixencia. Agardamos que o próximo sexa froito dun proceso que escoite a todas as voces.

O teito de cristal na carreira profesional

Os datos velaí están para demostrar que o papel das mulleres é anecdótico cando miramos aos postos de alta dirección. Desprézase o talento pola falla de xustiza na promoción. E por non buscar itinerarios de carreira que respecten aos tempos de crianza. Algo falta, algo falla na política de igualdade.


Niveis Galiza 2015



Comunicado 150119 [.pdf • 790 kB]




Ligazón relacionada:
Folla de afiliación: http://ir.gl/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]

Ningún comentario: