4 de decembro de 2014

A lección dun atraco


O atraco violento, a utilización como escudo humano e refén da traballadora que resultou ferida, o posterior cruce de disparos con vítimas mortais, suceso tratado con amplitude pola prensa, é un toque de atención sobre a situación de inseguridade que se vive no sector bancario. A vida, a integridade e a dignidade son o principal patrimonio persoal que non pode mudar en troco pola eficiencia a costa de recortar medios.

Contadoras de billetes que non recoñecen as novas emisións, sobrecargando o traballo de control.
Aparellos para reciclar billetes, faltos do mantemento axeitado que rematan por fallar e provocan o uso de caixas externas sen a presenza regulamentaria do garda de seguridade.
Obsesión por migrar operacións ás canles alternativas, con instrución verbal de levar ao caixeiro automático todas as posibles, deixando a zona de caixa á fácil presa para os roubos ao descoido.
Eliminación dos envases de plástico, promoción do negocio externo das subministradoras de moeda que non dubidan en cargar ás perdas da oficina a diferenza no computado.
Limitación nas viaxes de transporte de efectivo con risco engadido na almacenaxe de recursos innecesarios.
Operacións de carga nos autoservizos con público na oficina, pola falla de tempo para realizar a tarefa fóra do horario comercial…

Lamentablemente, non acaba aquí a relación no déficit de atención e dotación de medios ás sucursais da rede que soportan a falla na limpeza ao reducir á metade esta labor, levan quinquenios sen pintar e dispoñen de equipamentos do século pasado. E nestas, un novo experimento: as unipersoais con reforzo ocasional.

A prevención de riscos laborais é unha obriga legal na que a representación sindical ten que desempeñar un papel activo fundamental. O actual CESS non pasa de actuar como órgano receptor de informes estatísticos, nun labor limitado á rutina. Dá a impresión de que as organizacións de ámbito estatal que forman parte del, confórmanse co crédito horario que lles reporta. Nada se fai para fiscalizar o cumprimento do Plan de Prevención.
Menos aínda para abordar a consideración, como enfermidade profesional, das derivadas dos riscos psicosociais provocados pola dinámica de presión laboral que, imposible soportar, levan á situación de incapacidade, transitoria ou absoluta, a compañeiras e compañeiros sen ser reco-ñecida como tal. A experiencia traumática dun atraco é unha boa lección diso.




Ligazón relacionada:

Noticia do xornal: Rebaixan a pena a un atracador… [.png • 224 kB]



➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 141204 [.pdf • 426 kB]


Ningún comentario: