28 de novembro de 2014

As horas roubadas

Ven de presentarse no congreso dos deputados unha proposta, instando ao goberno a garantir que a xornada de traballo respecte os límites legais, cunha utilización racional do horario, compatible coa verdadeira conciliación da vida laboral, familiar e persoal, e coa igualdade efectiva entre homes e mulleres. Un plan que evite a práctica bancaria de gañar produtividade a costa de impoñer a prolongación de xornada. , non recoñecidas nin pagadas. Horas roubadas á vida e á saúde.


As horas de balde na filosofía do modelo de dirección

Taberna típica. Mediodía. A dirección da sucursal, cita para xantar á asesora financeira e a un xestor comercial. Semellan celebrar ter acadado os obxectivos en PPI´s. Na sobremesa, o director pide una infusión dado que padece unha úlcera estomacal, cousa do carácter. Mentres fala da necesidade de facer un último esforzo para lograr un máis grande resultado á procura de ser os primeiros na zona, acariña cos dedos o tubo da teteira.
De súpeto, unha grande fumareda cega o recuncho onde están sentados. No medio desa nube aparece un ser fantástico que lles di: «Son o meigo da teteira, concedo tres desexos. Posto que sodes tres, tócavos a un por cabeza». Rápida coma un lóstrego, a asesora lanzou unha batería de peticións, que incluía tres por non ter entendida a instrución.
O Meigo dos desexos recordou que só era posible un deles. Ela optou por escoller unha viaxe pracenteira en destino exótico. Meu dito, meu feito.

Para alá foi, desaparecendo da taberna. Detrás dela pediu o xestor que escolleu facer unha viaxe arredor do mundo en cruceiro de luxo. Outro fóra.
Estrañado de que non lle pediran cartos, o Meigo pensou que ese ía ser o desexo do último na taberna, o responsable da sucursal, quen sorría maliciosamente:

- Quedas ti, amigo. Cal é o teu máximo desexo?
- Quero ver de volta a eses dous, en media hora, traballando na oficina.


A prolongación diaria da xornada laboral máis alá do horario legal fixado no convenio do sector, é unha situación que se deriva da sobrecarga de tarefas relacionadas coa imposición de obxectivos desproporcionados, que só así é posible acadar.
Unha actuación ilegal e fraudulenta, que nunca pagará a retribución variable e arbitraria utilizada para forzar á súa realización. Poñer freo a este abuso é tarefa de todos e todas. Porén, os sindicatos debemos liderar unha campaña sen tregua, non limitada a simples chamadas á responsabilidade individual, forzando a intervención das autoridades de Traballo e a presión da opinión pública.
CIG BBVA porá toda a forza, saída do apoio que reciba nas próximas eleccións sindicais, nese obxectivo.




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 141127 [.pdf • 302 kB]


Ningún comentario: