20 de novembro de 2014

A síndrome da ra cocida

A síndrome da ra cocida é unha patoloxía que afecta a moi­tos profesionais de BBVA, sen ser conscientes diso. Velaquí unha metáfora útil para a reflexión. Base para reaccionar

O caso da ra que acabou cocida por non saltar a tempo

Nun cazo cheo de auga, nada tranquilamente unha ra. Estase quentando a lume lento. Ao cabo dun intre a auga está norma. Á ra isto parécelle agradable, polo que segue nadando.
A temperatura empeza a subir. Agora a auga está quente. Un pouco máis do que adoita gustarlle á ra. Podería saltar fóra sen esforzo. Pero ela non se inquieta, pese a que a calor sempre lle produce algo de cansazo e soño.
Agora a auga está verdadeiramente quente. Á ra empeza a parecerlle desagradable. Aínda podería saltar fóra. O malo é que se atopa sen forzas, así que se limita a aguantar e non fai nada máis.
Así, a temperatura da auga segue subindo aos poucos, nunca dun xeito acelerado, de modo que case non se perciba o cambio, até que chega o momento en que a ra acaba fervida e morre sen haber estado consciente de que se atopaba en perigo e sen realizar o menor esforzo para saír do cazo.

A síndrome da ra cocida

A sobrecarga de traballo, os horarios sen límite, a procura de obxectivos desproporcionados e a obsesión por unha retribución variable incerta, son causa que levan ao queime profesional.

Ao afacerse á tensión diaria é común atoparse con síntomas como ansiedade, inquietude, nerviosismo, temor ou angustia.
O perigo é que case imposible darse conta do problema. Anticipo de enfermidade cardiovascular, gástrica ou psicolóxica.
É necesario saltar a tempo dunha trampa que é fatal.

Para iso sempre se contará coa axuda do sindicato. Da CIG no BBVA




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 141118 [.pdf • 5'4 MB]


Ningún comentario: