Estase a cargar, agarde un momento por favor!

21 de outubro de 2014

Corrupción sindical: non todos somos iguais

Hai «sindicatos» sacudidos de xeito permanente por escándalos e supostos casos de corrupción. Un dos últimos, o das tarxetas «black» de Caja Madrid, afecta a persoas vinculadas a CC.OO e UGT que formaron parte das mesas negociadoras dos Convenios Colectivos das Caixas de Aforros (), dos Convenios Colectivos da Banca () e das negociacións de Expedientes de Despedimentos Colectivos (ERE's).

A quebra das Caixas de Aforros tivo un duro impacto laboral e social, houbo responsabilidades sindicais non depuradas. Ademais, cada día saltan novos escándalos sen que se asuman responsabilidades sindicais, evidenciando a podremia das estruturas dalgúns sindicatos.

A trama de CC.OO en Caja Madrid toca de cheo a Chema Martínez, actual Secretario Xeral de CC.OO—Servizos (que agrupa á banca, centros de chamadas, seguros, oficinas e despachos, rexistros, notarías,… etc.). Era traballador de Caja Madrid e participou directamente nos acordos que levaron a Blesa e a Rato á Dirección da Entidade, e avalou a súa xestión nos órganos de goberno. Sucesor de (muller do Francisco Baquero), contaba coas persoas implicadas entre os seus colaboradores máis directos. Chema Martínez chegou á Secretaria de co apoio de María Jesús Paredes, entrando Baquero no Consello de Administración de Caja Madrid.

O caso de Caja Madrid/Bankia, afecta tamén á UGT—Bankia, que supostamente financiou a súa actividade nesa entidade con cargo ás tarxetas black. , avalaron a xestión de Blesa e Rato, e entre os «cobradores en black» hai persoas que negociaron ERE's.

Desgraciadamente, o caso das tarxetas de Caja Madrid non é unha excepción. A suposta fraude masiva nos cursos de formación en Andalucía (CC.OOUGT), o de diñeiro negro por parte do líder da UGT na minería; os pagos recibidos de empresas por «asesoramentos»…, son algúns exemplos dunha lista interminable.

Pola contra, a CIG, grazas a que é un sindicato sen ataduras, e corrupción no sector financeiro. O proceso na Audiencia Nacional contra os ex-directivos das Caixas polas indemnizacións multimillonarias, nace dunha investigación da Fiscalía Anticorrupción por unha da CIG; presentamos tamén unha querela penal contra os ex-directivos das Caixas pola comercialización de preferentes e obrigas; e, máis recentemente, denunciamos na Fiscalía e no Parlamento (que decidiu reabrir a Comisión de Investigación) os negocios da familia Méndez con Caixa Galicia.

CC.OO e UGT defenden un modelo de sindicalismo pactista e conciliador, no que as cúpulas toman as decisións sen contar coas persoas afectadas. Esa concentración da toma de decisións en poucas mans, que está na antítese do sindicalismo (que é colectivo), crea o caldo de cultivo idóneo para a corrupción sindical.

A CIG defende un modelo sindical reivindicativo (non pactista) e participativo (asembleario), no que temos a obriga de seguir afondando. As decisións que afectan colectivamente aos traballadores e traballadoras deben ser tomadas colectivamente, o mellor antídoto fronte á corrupción sindical.

É por iso que queremos desmarcarnos dos escándalos e da corrupción sindical e da falta de asunción de responsabilidades. Non todos os sindicatos somos iguais.


Ilustración de Tinaja para o xornal «ElGuadalope.es»
Ilustración de Alberto Cirac Buisan «Tinaja» para ElGuadalupe.es



Comunicado 141015 [.pdf • 68 kB]




Ligazón relacionada:
Folla de afiliación: http://ir.gl/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]

Ningún comentario: