29 de setembro de 2014

O momento da verdade é chegado
(Enquisa de insatisfacción)

Nestes días imos ter a oportunidade de cumprimentar a «Enquisa de satisfacción de empregado 2014» que persegue, segundo a empresa, que o BBVA siga sendo «o mellor lugar para traballar», e dende a CIG querémosvos pedir que a fagades. Pero non como nos están a pedir dende algúns ámbitos, senón coa verdade, de cara, con rigor… é o único xeito de facela. Non permitades que as vosas respostas sexan mornas, ou que ao non cubrila deixedes esta oportunidade de que a realidade brille no resultado. É responsabilidade de todos e todas que os problemas, que os hai e os coñecemos de sobra, saian á luz sen trabas.

Enquisa de (in)satisfacción

Aquí non se está avaliando o teu xefe/xefa directo/a, nin a túa oficina. É o propio banco, o seu estilo de dirección de persoas o que está en cuestión. E non permitades que, coa ausencia da vosa voz, poidan manipular máis doadamente os resultados, amosando unha realidade que estades fartos e fartas de saber como é, empregando a enquisa para os seus propios fins e non para mellorar o clima laboral na empresa.

Estamos satisfeitos/satisfeitas coa empresa? Coas xefaturas? Coa retribución? Coa carreira profesional? Coa calidade de vida? Co noso traballo? Lendo estas sinxelas preguntas, na nosa cabeza inmediatamente temos claras as respostas.




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 140929 [.pdf • 32 kB]


Ningún comentario: