Estase a cargar, agarde un momento por favor!

2 de maio de 2014

A tesoira non descansa

Nestes días vai culminar a seguinte oleada de peches de oficinas na Galiza e a Dirección non informa mais que do nome das «agraciadas» e da data oficial de peche. Ninguén aporta dato relevante dos motivos que levan a esta decisión ou se vai rematar aquí o proceso de restructuración que nos pasa por riba como si dunha moa de muíño se tratase.

Son necesarios estes peches? Estase a tratar coa debida consideración ao cadro de persoal? Trasládase de xeito adecuado? Ten relación algunha co proxecto dixital do presidente?

Na meirande parte dos casos ou non temos resposta ou ben sabedes que é negativa. Mais ben semella que os recortes non rematan. Nós estamos en contra.

En moitos, na maioría dos casos, infórmase as compañeiras e compañeiros afectados directamente pola directora ou director da oficina ou da CBC. Semella que houbera recortes no departamento de RR.HH ou será que xa nin se dignan en entrevistarnos para un cambio de destino. Non somos cordeiros, somos traballadores e traballadoras, e xa é hora de reinvindicar un pouco de dignidade.

E a tesoira asoma afiada en pequenos pero significativos detalles:
 
A limpeza das oficinas.  Se non chegaba cos recortes que xa sufriramos anteriormente,agora isto. É curioso que se rebaixen os días en función do persoal cando, que unha oficina estea máis ou menos limpa irá, tamén, en función da clientela que entren no día ou , se nos poñemos, en función de se chove ou non. E non fai falla lembrar o que chove en Galiza… Vemos que seguimos poñendo o foco na calidade ofertada á clientela con decisións deste tipo. Pero, claro, todo se amaña eliminando este punto do informe do Mistery.
 
A eliminación dos poderes.  Cousa ben pequena parece pero non tal. Será que se asume que non hai operacións que asinar e sobran cos poderes que quedan en vigor. Pero, Alguén pensou nas baixas, nas vacacións… en facer un centro de firma de referencia como noutros sitios? Vai ser que non outra vez. Por non falar da pouca psicoloxía que ten o que lle quita poderes a xestores ou xestoras que levan con eles toda a vida sin ter en conta o que poida pensar os clientes e as clientas sobre isto.
 
A seguridade e a formación.  Tras a tentativa de atraco en Teis fixemos unha pequena enquisa entre compañeiros de caixa,de xestión, dirección… en fin, atención ao público ,e por lóxica o persoal sensible a estos riscos… Sorpresivamente, só tiñan formación presencial (non nos enganemos… é a única que vale) en seguridade ós de caixa e non en tódolos casos. Algunha destas persoas tiña (moitas pero non todos) un libriño do que existen varias edicións polo que atopamos varias distintas na mesma oficina. Pero, do resto do persoal, xestores/as, asesores/as, directores/as,… cóntanse cos dedos da man, sendo xenerosos, as persoas que teñen formación ao respecto.
A seguridade bancaria é cousa de todos e todas, e vai mais aló dun atraco, o exemplo máis claro.
As fraudes están á orde do día e sae máis a conta facer un cursiño, que ao noso entender debía ser recorrente, presencial e para todo o persoal, que ter que meter man na conta de resultados.



Comunicado 300430 [.pdf • 32 kB]




Ligazón relacionada:
Folla de afiliación: http://ir.gl/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]

Ningún comentario: