24 de marzo de 2014

100 medidas para crear emprego

Dende o inicio da crise a CIG está a defender un conxunto de propostas alternativas orientadas a unha saída favorábel para a clase traballadora galega e feitas dende unha perspectiva de defensa dos nosos intereses nacionais.
Somos conscientes de que as políticas de concentración e centralización da riqueza e do poder afondan no carácter colonial e periférico de Galiza e só dende alternativas feitas en función da nosa propia realidade social e económica, de reforzo do noso autogoberno e da capacidade de dicidir libremente en todas as materias poderemos ofrecer medidas que sirvan os intereses da clase traballadora e garantan un reparto equitativo da riqueza.


Salvemos Galiza!!!

Medidas para o emprego…


  1. Promoción do consumo dos produtos galegos como forma de reactivación do mercado interior e contribuír a manter o emprego.
  2. Plan de desenvolvemento industrial que promova o peche dos ciclos produtivos en Galiza e aumente o valor engadido en aqueles sectores básicos da nosa economía (pesca, conserva, forestal, moble, agrogandería, pedra natural, automoción, naval…).
  3. Constitución de empresas públicas galegas nos sectores estratéxicos da nosa economía. Creación do Instituto Galego da Empresa Pública.
  4. Redución da xornada laboral a 35 horas semanais sen perda de salario.
  5. Dignificación dos salarios e mellora do poder adquisitivo.
  6. Forte incremento do investimento público e o gasto social en infraestruturas mellora dos servizos públicos e en I+D+I.
  7. Profunda reforma fiscal para que paguen mais aqueles que mais teñen (as rendas mais altas, as grandes fortunas, a banca, as grandes empresas…). Obriga de que todas as empresas con centros de traballo en Galiza paguen aquí os seus impostos. Persecución efectiva da enorme fraude fiscal existente.
  8. Creación dunha Banca Pública comercial que facilite o crédito a familias e as pequenas e medianas empresas. Non á privatización de NG .
  9. Creación dun salario de inserción laboral para todas as persoas desempregadas que non cobren outro tipo de prestación.
  10. Fomento da gandería e agricultura ecolóxicas. Apoio público aos circuítos de proximidade para a transformación e comercialización directa polos agricultores dos seus produtos.
  11. Plan integral de recuperación dos caladoiros do litoral, das rías e dos bancos naturais de marisqueo. Esixencia á Unión Europea e ao Estado español de que os acordos que asinen con terceiros países non exclúan a flota galega.
  12. Creación dun Complexo Industrial da Construción Naval na Ría de Ferrol, así como dun holding na Ría de Vigo, con participación pública e privada, que integre os estaleiros, as empresas auxiliares e as empresas de transformación do metal.
  13. Consideración da enerxía como un servizo público. Creación dunha Tarifa Eléctrica Galega.
  14. Fomento, por parte da , da produción propia en todos os ámbitos da creación e difusión da nosa cultura.
  15. Proceder a unha auditoría da débeda pública, negándose a pagar aquela parte da débeda que sexa considerada ilexítima.

O resumo nestas 15 propostas (das 100), é a nosa visión que precisa Galiza para o crecemento económico e a creación de emprego, son as que se propoñen para ser debatidas no Parlamento Galego, previsiblemente no mes de abril, unha vez presentadas as 15.000 sinaturas necesarias.
De seguido tedes a vosa disposición para a súa lectura as 100 medidas e os pregos de sinaturas en calquera .

Animarvos a participar nesta (para a presentación da ILP), 100 medidas para a creación de emprego en Galiza, pois sen emprego non hai futuro, Salvemos Galiza!!!.





➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]






Ningún comentario: