Estase a cargar, agarde un momento por favor!

1 de novembro de 2013

Ascensos por capacitación: Exames 2013

Un ano máis, foi fixada a data na que terán lugar os exames de ascenso aos Niveis VIII, IX e X. As comunicacións que inician o proceso son a GR.13.005 para os Niveis IX e X (grupo Administrativos) e a GR.13.006 para o Nivel VIII (grupo Técnicos) publicadas en «Espacio/Normativa BBVA/ComunicaciónsEspazo persoal > Panel de Control > Ferramentas > Livelink > Xestor Documental Livelink > Normativa Grupo BBVA > Normativa BBVA > Comunicacións».
A data do exameQR Code Exame [.vcs • 1 Kb] será o sábado 16 de novembro nun lugar por determinar, previsiblemente no Centro de Formación Noroeste, na rúa Juana de Vega 2, 2° andar, aula 1, A Coruña e, coma sempre, estaremos presentes para comprobar que o proceso transcorre segundo as normas.
O exame, coma en anteriores convocatorias, será tipo test con 4 posibles respostas por pregunta e só unha válida. Haberá 3 versións do exame para cada nivel coas mesmas preguntas en distinta orde.
  • NIVEL VIII.— 60 preguntas de 09:30 a 12:00 (2’30 horas) e 68 prazas vacantes.
  • NIVEL IX.  — 60 preguntas de 12:30 a 15:00 (2’30 horas) e 356 prazas.
  • NIVEL X.   — 60 preguntas de 09:30 a 12:00 (2’30 horas) para 18 prazas.
Horarios segundo o CET (CUT+1)

Non esquezades que na presentación ao exame é necesaria a acreditación por medio de DNI, Pasaporte ou Carné de Conducir, xa que é requisito indispensable para o acceso ás probas. Non se permite o uso de calculadoras.
Unha vez comezado o exame poderán incorporarse persoas que cheguen tarde á proba mentres que non saíra ninguén da aula. Para evitar molestias, non se permite a saída ata pasados 30 minutos para o exame de niveis IX, e 1 hora para nivel VIII.

A folla de respostas cumprimentarase con bolígrafo e, como novidade este ano, o/a candidato/a poderá anular unha resposta dada e recuperar unha resposta anulada, consonte ao indicado nas instrucións, co fin de que en ningún intre se invalide unha folla de respostas polas tachas producidas. As correccións que non sigan estas instruccións no se poderán considerar válidas. Así mesmo, non deben levar ningunha anotación adicional.

O día 20 reúnese o tribunal para corrixir os exames. Para optar á praza, a puntuación mínima para calquera dos niveis será de 5 puntos sobre 10.

Un nivel XI que se presente ás probas dos niveis inmediatamente superiores (X e IX), debe superar necesariamente o nivel X para pasar ao IX. Non pode ascender directamente ó IX, aínda aprobándoo, sen superar ademais o nivel X.

A comunicación ás persoas participantes presentadas coa resolución da convocatoria, cursarase nun prazo máximo de quince días dende a data do exame, por correo electrónico dende a dirección CONCURSO-OPOSICION@grupobbva.com.

As listas dos/das opositores/as que obtiveron praza, remitiranse para o seu coñecemento aos Centros de Formación Territoriais e á R.L.T e, así mesmo, publicaranse na intranet do Banco, apartado «NORMATIVA BBVA-COMUNICACIONES».
A lista definitiva das persoas que suban de nivel enviarase á Administración de Persoal, para que se reflicta o seu ascenso por capacitación na nómina, a ser posible no mes de decembro, e con efectos do 1-1-2013, como estipula o .

Os gastos de viaxe, que só se pagarán ás persoas que realicen efectivamente o exame, son, outra vez, inxustamente restritivos:
  • COMIDAS: Só para opositores/as fóra da praza do exame. Máximo de 12,02 euros.
  • VIAXES: Só para opositores/as fóra da praza do exame. Usáranse medios de comunicación públicos. Excepcionalmente e por ausencia destes, se tivera que desprazarse no seu vehículo particular, compensárase o gasto a 0,24 euros/km. exclusivamente e só se a distancia entre o centro de traballo e o de exame é de máis de 25 km. É dicir, que non teñen pensado pagar nin peaxes nin aparcamentos.
  • ALOXAMENTO: Só para concellos moi lonxe da praza do exame. Os/as opositores que precisen aloxamento, deberán contactar obrigatoriamente co Centro de Formación para a reserva de hotel. Tendo en conta a data da exame, NUN SÁBADO, case se fai recomendable esta opción.
  • CLAVE DE LIQUIDACIÓN DE GASTOS: 000393.
Recomendacións ás persoas interesadas:
  1. Buscade as combinacións viables en transporte público tendo en conta, naturalmente, o desprazamento dende a estación de tren ou autobús ata o hotel e até o hotel e até o lugar do exame. Tede en conta que non vos van pagar peaxes nin aparcamento, polo que seguramente sairavos moito máis a conta o transporte público, aínda que e fácil que vos obrigue a pernoctar na Coruña debido aos horarios e a data que marcou o banco.
  2. En caso de dúbida podedes contactar cos responsables do Centro de Formación para evitar problemas.
  3. Contactade cos/coas vosos/as Representantes Sindicais no caso de atopar problemas de calquera tipo. Tentaremos axudar.

Moi boa sorte para todos e todas !!!



Comunicado 131031 [.pdf • 34 Kb]

Ligazóns relacionados:
Buses urbanos: Liñas e horarios    http://ir.gl/BUS-Coru
Horarios do tren desde Compostela    http://ir.gl/RENFE
Procura de Buses Interurbanos    http://ir.gl/BUSES-Cor

Ningún comentario: