Estase a cargar, agarde un momento por favor!

20 de setembro de 2013

En garda!!! Chegou Vanguard

A estas alturas da película, xa sabemos que a empresa vén de dar unha nova volta de torca ao proceso de externalización e subcontratación das máis diversas tarefas bancarias, sendo a destinataria Málaga. Co cabo da eficiencia e a maior, se cabe, calidade na consecución dos procesos (lease isto coa debida ironía), se nos vende o traslado das derradeiras funcións administrativas aos compañeiros/as de . En Madrid, e tamén aquí na Territorial Noroeste, quérese transmitir a idea de que o emprego non está en perigo no BBVA e que os compañeiros/as de administración van estar apoiados/as neste proceso de cambio de funcións, que van a sufrir nas súas costas.

En todo o Estado español, estamos a falar de 917 postos de traballo que se amortizan (os RGA, TGA, GA e RCO), creándose dous postos novos por zona nun total de 136 (os Responsables e Técnicos de Control e Operativa), o que fai que se eliminen netos 781 postos
En garda!!! Chegou Vanguard
En garda!!! Chegou o proxecto Vanguard
administrativos; estas persoas, co apoio do banco, van pasar a labores comerciais e, nalgúns casos, a cubrir os postos de caixa baleiros que inda quedan, damos fe, ao longo da nosa xeografía. Na nosa territorial, o impacto deste proceso que se dá en chamar VANGUARD, vai afectar directamente a 121 persoas, inda que se van crear 20 postos novos. O resto, maioritariamente, nun prazo de poucos meses vanse ir trasladando a labores comerciais nas oficinas que se lle asignen. Iso si, dende persoal, se lles vai chamar para ver o seu sentir ante semellante cambio na súa vida laboral.

Até aquí, o sabido. Pero queremos trasladarvos a nosa visión de todo este proceso e do impacto sobre as vidas dos nosos compañeiros e compañeiras, que para nós é o máis importante:


  • Non entendemos un banco sen procesos de administración. A calidade interna, polo apoio constante ás oficinas e resto de departamentos e, polo tanto, a calidade externa, vanse resentir directamente. Non se quere ver a realidade. A externalización e a subcontratación, soamente supón unha vantaxe para os petos dalgúns. Queremos emprego estable e de calidade. A CIG sumouse á coa CGT tentando invalidar xudicialmente o traslado destas funcións a empresas que fan de banco, cando non o son. Unha batalla perdida e lamentablemente, temos que lembrar que esta iniciativa non foi apoiada por ningún sindicato maioritario… Xa sabemos onde ten cada un os seus intereses e prioridades.
  • A subcontratación e a externalización, teñen un destino común… a precarización
  • Todo o persoal que ocupe novas funcións vai recibir formación para a súa adaptación ao novo posto ao longo de seis meses. O único problema é que, inicialmente vai ser un cursiño de tres días (que non ten porque ser coincidente co troco ás oficinas) e, durante este tempo, o resto da formación será maioritariamente non presencial e, claro, dentro dos horarios das oficinas ben sabemos cando se están a facer estes cursiños. Entendemos que este proceso é manifestamente insuficiente. Non hai previsto un seguimento da adaptación á nova función. Non se considerou a posibilidade dun plan de prevención de riscos psicosociais. Oxalá se recúe neste tema, xa que nunha empresa que se afana en facer ver que é «o mellor lugar para traballar» non pode deixar a case 800 compañeiros/as solos neste momento tan delicado das súas carreiras profesionais. Porque, lamentablemente esa é a sensación que temos. Estamos a falar de que case dous terzos do cadro de persoal afectado non fixo funcións comerciais nos últimos anos.
  • Non está prevista unha aterraxe suave nas novas funcións. Ante un traslado a un novo posto, no mes do traslado a nosa puntuación é a da media da unidade á que nos trasladamos. Para ben ou para mal. E ao mes seguinte, a obxectivación será a mesma para todos. Isto non é cuestión baladí xa que sabemos moi ben como é a presión comercial nas oficinas. Ademais, agora que se eliminaron os «suelos», a mensaxe é que temos que facer máis OPOS para cubrir o déficit. É dicir: máis presión comercial.
  • Se tedes dúbidas, pedide coñecer as vosas funcións, obxectivos, parámetros de avaliacións, etc. BBVA proclama que as súas relacións laborais baséanse na comunicación e a transparencia: reclamade á empresa o que promete.
  • Se a alguén se lle denega o acceso a Formación dalgún xeito, CONTACTADE CON NÓS para que vos indiquemos os pasos a seguir e o poñamos en coñecemento do Departamento de Formación e do de Recursos Laborais.
  • A xente pendente de recolocar: pedide a comunicación do destino por escrito, e se non estades de acordo, CONTACTADE CON NÓS, xa que segundo os casos, pode que teñades dereito a vos opoñer. Lembrade que o perímetro de 25 km. recollido no segue vixente no BBVA
A sensación do persoal, polo que puidemos apreciar, é de desconfianza, temor, e moita decepción polo trato desconsiderado que se está a impoñer en toda a rede. Vivimos con incerteza de cara ao futuro. Non se pode negar a evidencia. Queremos crer que os nosos postos de traballo non están en risco pero fannos sentir peóns nun xogo que non é o noso.

Coma sempre, quedamos á vosa disposición para que contactedes con nós se tedes calquera dúbida, consulta, necesitades apoio, ou non respectan os vosos dereitos.

Ligazón relacionada:

Folla de afiliación: http://ir.gl/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 Mb]





Comunicado 130920 [.pdf • 32 Kb]




Ningún comentario: