Estase a cargar, agarde un momento por favor!

12 de xullo de 2013

O silencio dos cordeiros

Ano tras ano, vemos que o código de conduta nesta empresa segue polo mesmo camiño:

O Silencio dos Cordeiros

OIR, VER (POUCO) E CALAR (MOITO).

Os niveis de esixencia están acadando límites estratosféricos. Os cadros de persoal non están no seu mínimo nivel, senón por debaixo dos mínimos necesarios para atender coa calidade máxima que se nos require. E chega o período estival e as vacacións, que xa se converten nun problema engadido (nin falar de coller un catarro, claro)… Porque son obrigatorias que se non, a máis de un lle gustaría que renunciásemos a elas. Por non falar de que xa case non se poden coller cando a un/unha lle gustaría porque, claro, en agosto pechamos a oficina e mellor se as podes coller en tal data…


Sempre están os mesmos a arranxar os problemas de organización da empresa. É un problema clamoroso e as oficinas, as CBC, non están para solucionar o déficit de persoal, xerando situacións surrealistas con oficinas con menos da metade do persoal e sen apoios.

E, por riba, as últimas novidades no DOR, que non chegaba con cambiar a forma de medilo cada ano, que agora temos o chamado IMPULSO DA PRODUTIVIDADE, que chega para facer máis doado de cubrir o «sudoku da incentivación». Despois de aumentar o mínimo para cobrar o sobre de febreiro dun 70 a un 100% de cumprimento, unha cousa máis.

E todo isto, acompañado dunha mensaxe sibilina de que a rede comercial non se sostén, para espolear inda por riba máis ao persoal. Chega de novo a política do látego e do terror. Non falemos dos correos que algúns mandan con moito colorín marelo remarcando todo o que non se fai.

Ou esa frase tan comentada de que "levamos dous anos tocándonos…" Cremos que está fora de lugar nunha empresa que di ter no seu persoal un dos mellores activos. Como así é. Estamos fartos e fartas de manipulacións e faltas de respecto. Abonda xa.

Dende a nosa perspectiva sindical, queremos facer chegar a todo o persoal algunhas recomendacións:
  • Se sentes que se está a cometer unha situación de presión desmedida ou un trato inadecuado polos teus superiores… NON CALES. Tes un delegado ou delegada da CIG á volta do correo ou a unha chamada de teléfono. No taboleiro sindical, no espazo de RR.HH, tes a información dos delegados e delegadas da túa provincia.
  • Se te chega unha carta/amoestación por parte de RR.HH por unha falta, a que sexa, NON CALES, non lle deas a conformidade e asina RECIBÍN e NON CONFORME e deseguida contacta con nós. Estamos para orientarte e apoiarte.
  • Por último, AFÍLIATE[.pdf • 1'09 Mb] Non son tempos de ter que camiñar só/soa. Mentres outros dan todo por perdido, nos asegurámoste que SEMPRE SE PODE FACER ALGO. Nin todos somos iguais, nin queremos selo.

O teu posto de traballo é a prioridade


Ligazón relacionada:

Folla de afiliación: http://ir.gl/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 Mb]



Comunicado 130704 [.pdf • 27 Kb]

Ningún comentario: