Estase a cargar, agarde un momento por favor!

17 de xuño de 2013

Convocatoria Ascensos por Capacitación 2013

Como cada ano, BBVA convoca os ascensos por , polo que vos achegamos un resumo que esperamos sexa de utilidade. Lembrade que o prazo de inscrición remata o 30 de xuño.

Podedes atopar o regulamento no e-spacio, en Normativa, buscando polo número de comunicación:
  • NIVEL VIII: GR.13.006
  • NIVEIS IX e X: GR.13.005
A presentación de solicitudes de admisión farase por correo electrónico á dirección
        concurso - oposicion @ bbva . com  
seguindo as instrucións que vos relatamos a seguir:


Asunto: «Solicitud de inscripción año 2013»
Texto: Será necesario incluír os seguintes datos do /a solicitante:
  • Nome do concurso: O que proceda. Só un en cada correo.
    • «Concurso para ascensos por capacitación al Nivel VIII del Grupo Técnico»
    • «Concurso para ascensos por capacitación al Nivel IX del Grupo Administrativo»
    • «Concurso para ascensos por capacitación al Nivel X del Grupo Administrativo»
  • Código de Usuario / Matrícula Empregado/a
  • NIF.
  • Apelidos, Nome
Para dar por boa a admisión, tedes que recibir un correo de confirmación. Para os/as non admitidos/as, existe posibilidade de reclamación ata o 20 de xullo a través do SAE, ou ben enviando un correo electrónico á dirección  concurso - oposicion @ bbva.com 

Lembrade que quen o precise, todos os anos pódense solicitar os manuais en papel, enviando unha solicitude razoada ao correo electrónico do Centro de Formación da D.T Noroeste:
                formacion . noroeste @ bbva . com , 
indicando a dirección da oficina á que se deben remitir. Se tivésedes algún problema, contactade cos nosos/as delegados/as.

Deste xeito facilítase o estudo, xa que a extensión da materia fai que non sexa sempre posible nin recomendable o estudo directo dende a pantalla, nin a impresión de cada manual páxina a páxina.

Temos tamén que recomendar unha vez máis que toda aquela persoa que poida, se presente as probas, xa que o ascenso, que conta dende xaneiro de 2013, é importante, afecta ao soldo pensionable, e non é unha retribución voluntaria que poida aparecer ou desaparecer a vontade da patronal.

Xa vos comunicaremos con tempo a data do exame, que será no último trimestre do ano. Normalmente ten lugar a mediados de novembro.




Comunicado 130617 [.pdf • 41 Kb]



Ningún comentario: