Estase a cargar, agarde un momento por favor!

3 de maio de 2013

O dereito á Obxección de Conciencia
debaterase no Parlamento Galego

Os traballadores e traballadoras non somos culpábeis das leis inxustas, das actuacións inxustas realizadas polas Entidades Financeiras, nin das irregularidades contra as que os Xulgados están ditando sentenzas. É por iso que demandamos un cambio de políticas comerciais e financeiras co recoñecemento do dereito á obxección de conciencia.

Tal e como xa vos comunicamos, a CIG dirixiuse ás patronais AEB (Banca), ACARL (Bancos procedentes das antigas Caixas) e ao FROB, solicitando o recoñecemento de dito dereito para evitar que podamos ser forzados a participar en desafiuzamentos, na comercialización de produtos complexos en tramo minorista, e na quita á clientela afectada pola estafa monumental das preferentes e obrigas subordinadas.


Obxección de conciencia para os bancari@sTivemos contestación por parte da patronal dos bancos procedentes das antigas caixas (ACARL), que nos comunicou que segundo os seus Estatutos non é competente, polo que debemos dirixirnos ás distintas empresas das que pretendamos obter o recoñecemento.

A nosa proposta debaterase tamén no Parlamento Galego, toda vez que o Grupo Parlamentar do BNG, por iniciativa propia que agradecemos, ten presentado unha proposición non de lei[.pdf • 57 Kb] para que este se pronuncie a favor do dereito dos traballadores e traballadoras do sector á obxección de conciencia.

Pensamos que a aprobación por parte do Parlamento Galego, nos termos propostos, sería un importante paso adiante, que ademais evidenciaría ante a sociedade que os culpables da mala praxes son outros.

Moitos traballadores e traballadoras son vítimas dunha violencia crecente no seu traballo; entendemos que a nosa reclamación do dereito á obxección de conciencia sería un importantísimo paso para rematar con esta situación, delimitando as responsabilidades de cada quen.

Polo recoñecemento do noso dereito á Obxección de Conciencia
SI SE PODE!!!






Comunicado 130503 [.pdf • 32 Kb]




Ningún comentario: