Estase a cargar, agarde un momento por favor!

9 de abril de 2013

11 abril:  Concentracións da CIG contra as novas Reformas do Goberno

O Goberno Central aprobou un novo paquete de reformas laborais que teñen unha gravísima incidencia no mundo do traballo e nomeadamente no sector financeiro. As Entidades Financeiras foron as máximas beneficiarias da Reforma Laboral, facilitando despedimentos colectivos e abaratando os seus custes. As novas reformas agravan esta situación.

Xubilación anticipada involuntaria: As persoas despedidas con máis idade son as que teñen máis difícil a reinserción no mundo laboral, e agora terán aínda máis obstáculos para acollerse á xubilación. Increméntase o custe das prexubilacións vía ERE, que se están utilizando en todos os sectores en crise, tamén no financeiro.

Poderán realizarse con 4 anos máximo de anticipo sobre a idade de xubilación que corresponda en cada caso. Modifícanse tamén os coeficientes redutores.

Subsidio desemprego para maiores de 55 anos: Na anterior reforma subiron de 52 a 55 anos a idade de percepción, agora eliminan o cobro en base aos ingresos da unidade familiar. É unha medida que penaliza as persoas con máis dificultade a hora de atopar traballo.

Endurecemento dos ERE: Ante calquera expediente de Despedimentos Colectivos os sindicatos tratabamos de incluír voluntariamente ao persoal maior de 55 anos, incrementando a indemnización, implantando así prexubilacións ou sistemas semellantes menos traumáticos. Coa reforma penalizan as prexubilacións, polo que haberá máis despedimentos e centraranse no persoal menor de 55 anos.

Impacto dende perspectiva de xénero: O Tribunal Europeo tiña ditado declarando discriminatorio o modo de cálculo das prestacións nos contratos a tempo parcial. Malia esta sentenza, o PP endureceu agora os criterios para acceder ás xubilacións no caso das mulleres con contratos a tempo parcial.


Mobilízate con nós!!!

Concentracións:

Ás 20:00 h.



Ás 19:00 h.
Horarios (CEST)





Comunicado 130408 [.pdf • 20 Kb]



Ningún comentario: