Estase a cargar, agarde un momento por favor!

27 de marzo de 2013

ERE no Santander: A porta está aberta na Banca Privada

O Santander, «o mellor banco do mundo», será o primeiro banco privado (e a primeira entidade que supostamente non tería problemas económicos) que, en base ao Convenio Colectivo da Banca, iniciará .

Desgraciadamente os medios de comunicación expoñen, día si e día tamén, o duro momento que nos toca vivir; a e os son noticias cotiáns; ás veces, coma en , ambas cuestións mestúranse.

A CIG non asinou o . Entre outros motivos, advertiamos que a suposta «cláusula de garantía de emprego» era todo o contrario: «unha cláusula de garantía de ERE» en casos de fusión. O tempo deunos a razón.


ERE no Banco Santander
O Botín será o primeiro en poñer en marcha un expediente de despedimentos colectivos, grazas tamén á vía de despedimentos aberta nas grandes empresas pola dura e antisocial aprobada polo .

Estamos ante un expediente de despedimentos colectivos para dar saída ao «excedente» da fusión das tres marcas do Grupo Santander (Santander, Banesto e Banif), sen que se saiba o número de afectados/as. Haberá prexubilacións vía ERE e baixas indemnizadas (despedimentos pagados), con condicións incluso inferiores ás das entidades nacionalizadas. Están sentando un mal precedente ante o proceso de reestruturación do sector financeiro que agora chega á Banca Privada.

As Seccións Sindicais da CIG tanto no como no , non asinaron o Acordo no Santander, que inclúe unha modificación substancial das condicións de traballo e ese expediente de despedimentos colectivos. Se «o mellor banco do mundo», impón un ERE co visto bo de CC.OO e UGT, que fará o resto das empresas?

Dende a CIG queremos deixar claro que seguimos mantendo como prioridade, ante calquera proceso, as garantías de emprego. Despois da sinatura vergoñenta dun ERE tras outro no sector financeiro por parte do sindicalismo claudicante españolista, o sindicalismo nacionalista e de clase é a única defensa dos traballadores e traballadoras do sector en Galiza.






Comunicado 130327 [.pdf • 17 Kb]





Ningún comentario: