Estase a cargar, agarde un momento por favor!

8 de marzo de 2013

As mulleres estamos fartas

Logo Secretaría da MullerAs mulleres levamos máis dun século conmemorando o día 8 de marzo en todo o mundo. Máis de cen anos reivindicando o noso espazo na sociedade, os nosos dereitos. Somos as netas das avoas que, coa súa loita e sacrificio, foron quen de acadar a igualdade formal.
Mais en pleno ano 2013, as mulleres de hoxe saímos á rúa para denunciarmos a mesma opresión. Porque o sistema capitalista segue abrindo fendas entre as clases sociais, e segue artellando unha división sexual da sociedade e do traballo que nos prexudica tanto como antes.

As mulleres seguimos estando oprimidas como no ano 1911, que é cando se conmemorou por vez primeira o 8 de marzo como Día internacional da muller traballadora. E continuamos fartas dun sistema que xera fame, miseria, desemprego, presión e desarraigo.


fartas
Fartas de sermos discriminadas
Fartas da situación de desvantaxe histórica que sufrimos
Fartas de cobrarmos menos salarios ca os homes
Fartas da temporalidade dos nosos contratos
Fartas de que sexa a tempo parcial
Fartas da persecución por exercermos o noso dereito a compatibilizar traballo e vida persoal e familiar
Fartas de «negociar» protocolos e plans de igualdade en empresas «que non son máis ca declaracións de intencións» por imperativo legal ou co único obxectivo de acceder a subvencións
Fartas de que a inclusión da perspectiva de xénero na negociación colectiva sexa inexistente ou residual
Fartas da dupla e tripla xornada
Fartas de dedicar horas infinitas ás tarefas do fogar e dos coidados
Fartas da economía somerxida
Fartas do teito de cristal
Fartas de sermos acosadas sexualmente
Fartas da normalidade coa que se asumen as mortes por mor da violencia machista
Fartas de sermos discriminadas pola nosa orientación sexual
Fartas de que se use a nosa imaxe cousificada e estereotipada para vender produtos
Fartas da falta de cobertura das prestacións por mor da temporalidade dos nosos contratos
Fartas da falta de dereitos sexuais e reprodutivos, de non termos dereito a decidir sobre o control dos nosos corpos
Fartas do desemprego, da falta de protección social
Fartas de pertencermos a categorías e réximes especiais que nos discriminan
Fartas de sermos inmigrantes sen papeis, sen dereitos
Fartas da sangría migratoria que asolaga o noso país por mor da inexistencia de saídas laborais
Fartas da privatización dos servizos públicos, mentres se invisten cartos públicos en empresas privadas
Fartas dunha reforma laboral que só supuxo máis paro, máis precariedade e despedimentos máis baratos
Fartas dos desafiuzamentos mentres se aproban amnistías fiscais para os grandes defraudadores
Fartas de que nas aulas de Galiza non se fale galego
Fartas da colonización e da españolización do noso país
Fartas do Partido Popular e das súas políticas neoliberais e ultraconservadoras ao servizo da gran banca e de entidades relixiosas
Fartas de celebracións e conmemoracións hipócritas por parte das mesmas administracións e poderes que recortan os nosos dereitos.

mobilizacións 8 de marzo
Mobilizacións

A CIG ten convocadas nas cidades concentracións, o propio , participará nas concentracións convocadas pola ; tamén como organización convocante xunto con outras asociacións e entidades feministas na mobilización nacional que sairá o día 9 de marzo e o 10 de marzo, .










Ningún comentario: