19 de febreiro de 2013

Xunta Xeral Accionistas 2013: 
Queremos ser a vosa voz 
Delegación do voto

Este 2013, a do BBVA terá lugar o día 15 de marzo, e un ano máis estaremos alí para ser a vosa voz, nesta ocasión coa intervención do compañeiro Xosé Miguel Fernández Vázquez, delegado pola provincia de Lugo que se fará eco das nosas reivindicacións.

A pesares dos tempos escuros que todos e todas podemos ver ao noso redor, seguimos a observar que a maior das inquedanzas dos nosos máis altos executivos segue a ser asegurar as súas retribucións… Tanto é así, que estas cuestións ocupan, nada máis e nada menos, que dous puntos da convocatoria [.pdf • 112 Kb] da Xunta Xeral, dun total de nove.

Tamén seguen moi interesados en perpetuarse nas súas posicións, impoñendo a reelección no Consello por 3 anos máis, tanto do Presidente como de tres Conselleiros máis. E lembremos que estes cargos están libres de ningunha limitación de idade para seguir no posto... Vaia, como se acostuma dicir: ata que o corpo aguante.


Observamos con preocupación que tamén nas mans de uns poucos se segue acumulando máis e máis poder. E ano tras ano, a Xunta se perpetúa como un mero formalismo, un acto baleiro de contido grazas á infalible contribución de todos os compañeiros e compañeiras, traballando arreo para recoller a delegación dos votos para que o Consello faga e desfaga. Compañeiros e compañeiras, temos que ser conscientes de que, coa nosa colaboración, estamos favorecendo a aprobación de medidas que en moitas ocasións afectarán negativamente aos nosos intereses e aos do accionariado.

Dende a CIG levamos anos advertindo da necesidade dunha política de contención, e agora está máis claro que nunca. Temos que ser conscientes de que dada a responsabilidade das entidades bancarias, de todas elas, na actual crise, é unha falla de responsabilidade fomentar que BBVA siga aumentando o endebedamento, maiormente para atender pagos aos directivos ou remunerar aos accionistas con accións que cada vez valen menos. De tanto tirar pedras contra o noso tellado, imos acabar coa casa. E xa foron caendo unhas cantas…

Por todo isto, pedímosvos que deleguedes os vosos votos e os que poidades conseguir, no noso delegado Xosé Miguel Fernández Vázquez, que asistirá na vosa representación á Xunta.

Para facelo só tedes que enviar as papeletas de delegación asinadas a calquera dos nosos delegados ou delegadas o máis axiña posible, para dispor delas antes do 10 de marzo.

Lembrade que a entrega do obsequio [.pdf • 28'7 Mb] é unicamente por levar o cupón á oficina e NON ten relación coa delegación do voto.

Son moitos os temas que se deberían debater na Xunta, e moi pouco o tempo que nos darán para falar, pero estamos abertos ás vosas propostas, que podedes enviar ao da nosa Sección Sindical para incluílas na nosa intervención.




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 130219 [.pdf • 32 Kb]




Ningún comentario: