8 de xaneiro de 2013

Contra a reconversión salvaxe do sector


Cartaz Convocatoria [.pdf • 1'57 Mb]

O Goberno pretende impoñer nas Entidades nacionalizadas un duro plan de reconversión que contempla milleiros de despedimentos aplicando a Reforma Laboral (2.508 no caso de Novagalicia banco), acompañado dun duro recorte dos salarios (40% no caso de Bankia).

Máis alá da resposta que en cada unha das Entidades teñamos que ir dando, semella claro que estamos ante un proceso que afecta cada vez a un maior número de empresas, e que rematará afectando dun ou doutro xeito a todo o persoal do sector financeiro.

Os traballadores e traballadoras do sector non podemos quedar impasibles, non é só unha cuestión de solidariedade; parar os recortes no sector interésanos a todos e todas, para non deteriorar aínda máis as condicións laborais.


O vindeiro 12 de xaneiro os sindicatos de Novagalicia banco, co apoio dos traballadores e traballadoras da Entidade, que participaron masivamente nunha histórica asemblea, convocamos unha manifestación para responder fronte a intención de despedir a 2.508 persoas no período 2013-2017.

Unha manifestación para a que queremos solicitar todo o apoio ao conxunto do sector. Apoia aos milleiros de compañeiros e compañeiras que están a piques de perder o seu posto de traballo.

Manifestación
SÁBADO 12 de xaneiro ás 12:00 h.
Saída dende a Alameda de
Santiago de Compostela




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 130108 [.pdf • 44 Kb]



Ningún comentario: