Estase a cargar, agarde un momento por favor!

4 de novembro de 2012

Ascensos por capacitación: Exames 2012

Un ano máis, foi fixada a data na que terán lugar os exames de ascenso a Niveis VIII, IX e X. As comunicacións que inician o proceso son GR.12.001 (Niveis IX e X) e GR.12.002 (Nivel VIII), e as podedes consultar a través de e-spacioEspazo persoal > Panel de Control > Ferramentas > Livelink > Xestor Documental Livelink > Normativa Grupo BBVA > Normativa BBVA > Comunicacións.

A data do exameQR Code Exame [.vcs • 1 Kb] será o martes 13 de novembro no Centro de Formación Noroeste, na rúa Juana de Vega 2, 2° andar, aula 1, A Coruña, e, coma sempre, estaremos presentes para comprobar que o proceso transcorre segundo as normas.

O exame, coma en anteriores convocatorias, será tipo test con 4 posibles respostas por pregunta e só unha válida. Haberá 3 versións do exame para cada nivel coas mesmas preguntas en distinta orde.

  • NIVEL VIII.— 60 preguntas de 09:30 a 12:00 (2’30 horas).
  • NIVEL IX.  — 60 preguntas de 12:30 a 15:00 (2’30 horas).
  • NIVEL X.   — 60 preguntas de 16:00 a 18:30 (2’30 horas).
Horarios segundo o CET (CUT+1)

Non esquezades que na presentación ao exame é necesaria a acreditación por medio de DNI, Pasaporte ou Permiso de Conducir, xa que é requisito indispensable para o acceso ás probas. Non se permite o uso de calculadoras.

Unha vez comezado o exame poderán incorporarse persoas que cheguen tarde á proba mentres que non saíra ninguén da aula. Para evitar molestias, non se permite a saída ata pasados 30 minutos para o exame de niveis IX, e 1 hora para nivel VIII.

O día 15 reúnese o tribunal para corrixir os exames. Para optar á praza, a puntuación mínima para calquera dos niveis será de 5 puntos. Tede en conta que este ano hai máis solicitudes que vacantes no nivel VIII, polo que canto mellor sexa a cualificación que obteñades, máis posibilidades teredes de acadar o ascenso.

As relacións de aprobados e aprobadas terán que ser expostas na Territorial na primeira quincena de decembro de 2012 e haberá 10 días dende a súa publicación para posibles reclamacións.

Os gastos de viaxe, que só se pagarán ás persoas que realicen efectivamente o exame, son, outra vez, inxustamente restritivos:

  • COMIDAS: Só para opositores/as fóra da praza do exame. Máximo de 12,02 euros.
  • VIAXES: Só para opositores/as fóra da praza do exame. Usáranse medios de comunicación públicos. Excepcionalmente e por ausencia destes, se tivera que desprazarse no seu vehículo particular, compensárase o gasto a 0,24 euros/km. exclusivamente e só se a distancia entre o centro de traballo e o de exame é de máis de 25 quilómetros. É dicir, que non teñen pensado pagar nin peaxes nin aparcamentos.
  • ALOXAMENTO: Só para concellos moi lonxe da praza do exame. Para reservar hotel, pedídeo no buzón de correo BZB00439, ou chamade ao departamento de Formación da nosa Territorial.
  • CLAVE DE LIQUIDACIÓN DE GASTOS: 000393.

Recomendacións ás persoas interesadas:

  1. Buscade as combinacións viables en transporte público tendo en conta, naturalmente, o desprazamento dende a estación de tren ou autobús ata o hotel e ata o lugar do exame. Tede en conta que non vos van pagar peaxes nin aparcamento, polo que seguramente sairavos moito máis a conta o transporte público, aínda que e fácil que vos obrigue a pernoctar na Coruña debido aos horarios.
  2. En caso de dúbida podedes contactar cos responsables do Centro de Formación da UTRH Noroeste para evitar problemas ou no buzón de correo BZB00439.
  3. Contactade cos/coas vosos/as Representantes Sindicais no caso de atopar problemas de calquera tipo. Tentaremos axudar.

Moi boa sorte para todos e todas !!!



Comunicado 121102 [.pdf • 36 Kb]

Ligazóns relacionados:

Buses urbanos: Liñas e horarios    http://ir.gl/BUS-Coru

Horarios do tren desde Compostela    http://ir.gl/RENFE

Procura de Buses Interurbanos    http://ir.gl/BUSES-Cor

Ningún comentario: