Estase a cargar, agarde un momento por favor!

29 de outubro de 2012

A ameaza pantasma

Asinado o acordo de Unnim, xa temos o primeiro precedente de como pode ser un ERE no grupo BBVA, e tende en conta que pode ser un «modelo a seguir».

A primeira pregunta que nos xorde é por qué os cadros de persoal teñen que sufrir as consecuencias da neglixencia ou ineptitude dos seus administradores. A cidadanía pagamos o rescate, e o persoal da banca no só iso, senón que ou quedamos na rúa ou podemos ver moi diminuídas as nosas condicións laborais.

reestruturación Unnim BBVA

E xa que o BBVA afirma que non ten problemas, Por que ten que aplicar un ERE no que as medidas «voluntarias» constitúen a ameaza pantasma de que ou marchas polas «boas» ou te despiden? (A indemnización é máis do mínimo legal? Faltaba máis nun grupo que presume de beneficios...) Por que non se estudiou a posibilidade de fusionar o persoal e aplicar máis prexubilacións ou contratos de relevo, que suavizarían os típicos problemas operativos da fusión? ¿Por que é aceptable que teñan que aceptar ou o traslado a unha empresa do grupo cun moito peor Convenio (que podería ser ) ou o despedimento?

Entendemos que a empresa lle pareza un acordo magnífico, pero… A representación sindical?… Para comezar temos dous grupos claramente discriminados por idade: de 50 en diante, ben con prexubilacións ou con dimisións voluntarias, as indemnizacións poden ser substanciosas en especial en salarios elevados, pero qué pasa co resto?

Imos ilustralo cun exemplo para que vexades o que podería pasar se, chegado o caso, aplicaran entre nós este tipo de medidas voluntarias:

Un traballador ou traballadora cunha idade de arredor de 45 anos e antigüidade sobre os 20 anos, que non opte pola excedencia de 5 anos, tería opción de acollerse a unha «extinción voluntaria» na que recibiría, dependendo do seu nivel salarial, entre 70.000 e 100.000 euros máis ou menos, e os 12.500 de incentivo. E co panorama como está, á rúa, a buscar outra cousa... Así valorades 20 anos?

E de aí para abaixo, imaxinade.

Ao noso parecer cabería ter tomado camiños máis responsables co emprego, e cremos que non houbo loita social dabondo pola xente de Unnim... esperemos non ter que pasar polo mesmo.

Por suposto, o calendario do ERE está deseñado para que ante a ameaza de ter que marchar igual (e peor), as medidas «voluntarias» se acepten, e a empresa e os seus sindicatos de referencia poidan brindar polo magnífico traballo realizado… en fin…

Entrementres, nas oficinas de BBVA, seguimos a sufrir a carga de traballo que supón a escaseza do persoal de oficinas, axustadas máis que ao máximo.




Ligazón relacionada:
Acordo de Reestruturacion: Unnim-BBVA [.pdf • 2'6 Mb]
Asinado por CC.OO, UGT e SEC



Comunicado 121029 [.pdf • 36 Kb]




Ningún comentario: