Estase a cargar, agarde un momento por favor!

1 de xuño de 2012

Convenio: e dálle co legón

Foto sinatura convenio colectivo
Foto: Efe 

De esquerda a dereita: José María Martínez López (CC.OO) - Miguel Martin Fernández e Pedro Pablo Villasante (AEB) - Sebastián Moreno Rodríguez (UGT)


Despois de asinar un convenio que nos condena a un recorte salarial sen precedentes, inxustificado e inxusto, era de agardar que os sindicatos «cedentes» (dispostos a ceder ante calquera pretensión da patronal), gardasen silencio, pero non. Pretenden que o persoal comulgue con rodas de muíño.


  • O Convenio non é unha garantía para o emprego, establece que o «exceso» de persoal sairá a través de ERE's e modificacións substanciais das condicións de traballo. O único que establece é un dialogo previo ao período de consultas establecido na lexislación para os ERE's e as modificacións das condicións laborais. Algún banco privado xa está na fase de dialogo previo.
  • Recorta os salarios dos traballadores e traballadoras sen ningún tipo de garantía real, empresa por empresa, de mantemento do emprego. Cando ademais o futuro das entidades non depende da capacidade dos traballadores/as para sacrificarse, aceptando mansamente, senón da capacidade das Direccións para asumir os seus erros e excesos na xestión e rectificar.
  • Nun momento de grave desconfianza no sistema financeiro, tamén pola comercialización de produtos complexos (algo que non é un problema exclusivo das antigas caixas), o convenio non senta as bases para unha nova política comercial respectuosa laboralmente e coa clientela. O sector da banca debe recuperar a súa misión de prestar un servizo á cidadanía e non actuar como meros colocadores forzosos de produtos por interese exclusivo das Direccións dos bancos.
  • Malia as graves situacións que están sufrindo algunhas entidades, froito desas políticas comerciais, asistimos con preocupación á continuidade desas políticas que poden expandir os problemas á clientela, como ten indicado incluso a CNMV ante a comercialización masiva de pagarés por parte dalgúns bancos.
  • Non aceptamos o recorte nos complementos de pensións PE (dos traballadores/as anteriores ao 1980). Os compromisos en materia de previsión social son a longo prazo e non deben condicionarse por unha crise que, a priori, é temporal.
  • É un acto de cinismo que directivos dos bancos, saian a bendicir a política económica dos gobernos e aplaudan os recortes sociais, e que ademais falen da creación de emprego. Neste senso esiximos un compromiso de cumprimento de horarios, da volta da carga de traballo que algunhas entidades deslocalizaron a terceiros países, e unha adecuación das cargas de traballo ao dimensionamento das oficinas.




Convenio Galego Xa!
Comunicado 120530 [.pdf • 28 Kb]




Ningún comentario: