Estase a cargar, agarde un momento por favor!

19 de xaneiro de 2012

Perdemos aproximadamente ½ paga

AEB decidiu, a petición de CC.OO, suspender a negociación do Convenio Colectivo da Banca Privada. Moito nos tememos que queira quitar vantaxe da reforma laboral e da reforma da negociación colectiva que anunciou o PP, e que ata este momento, contaron coa complicidade de CC.OO - UGT - CEOE, que as negocian en privado.


Pretenden os grandes bancos tirar vantaxes desas reformas. Eles non sofren as consecuencias da crise, que capean coas axudas públicas (BCE, Goberno e incluso da Reserva Federal dos USA) e tirarán unha boa tallada como consecuencia do proceso de concentración/centralización impulsado polo Goberno.

Quen sufrimos a crise somos os traballadores e traballadoras, tamén de banca. Os nosos salarios estiveron conxelados ao longo do 2011, mentres o IPC (que non recolle realmente a suba da vida) situouse nun 2'4% . Un indicador falseado: o anterior goberno do PSOE subiu o gas, correos, os transportes, a electricidade (10% ) e o petróleo subiu no entorno dun 12% .

Malia todo, tomando como referencia o IPC, a perda salarial acumulada por tramos salariais medios foi a seguinte:

Salario
 Medio
Perda Conxelación
    Salarial 2011
  30.000          -   720
  35.000          -   840
  40.000          -   960
  45.000          - 1.080
  50.000          - 1.200

Cobramos menos grazas aos nosos xenerosos empregadores, pero pagaremos máis impostos grazas ao novo Goberno.

A suba do IRPF aprobada polo Consello de Ministros o 30 decembro, afectará de xeito masivo no sector, cunha suba que oscilará, segundo os salarios, entre o 0'75 ao 4% , á que hai que engadir a suba do IBI (entre o 4 e o 10% ). Por certo, a suba de impostos aprobouse ao mesmo tempo que unha liña de axuda a banca por 100.000 millóns de euros. Pagarán axudas aos seus bancos con cargo aos nosos recentemente subidos impostos, como os de toda a cidadanía, e ademais pretenden lurpiarnos conxelándonos o salario: non home non!!!

En definitiva, os prezos e o custe da vida soben, soben os impostos, os bancos capean o temporal a costa da cidadanía mentres refregan as mans pensando no negocio que se aveciña, e nós perdemos aproximadamente ½ paga de media.

Queridos e ben pagados executivos e propietarios, a cidadanía está farta de vostedes e nós, como traballadores/as, somos quen damos a cara a cotío ante o descontento da clientela e sociedade en xeral. Paguen dunha vez o que nos deben. A nós, que estamos dentro, é difícil enganarnos.




Convenio Galego Xa!
Comunicado 120119 [.pdf • 28 Kb]






Ningún comentario: