Estase a cargar, agarde un momento por favor!

15 de novembro de 2011

Comezamos as mobilizacións contra a reconversión do sector financeiro e por uns Convenios Xustos

Manifestación dos delegados/as da CIG (Confederación Intersindical Galega) na Coruña (15-11-2011). Foto: (CC) CIG.Manifestación de delegados/as da CIG Banca na Coruña (15/11/2011). Foto: (cc)  CIG


Con reconversión non hai empregabilidade

Se a primeira fase da reconversión afectou as caixas polo proceso de privatizacións, estamos entrando na segunda fase que afectará a bancos privados e bancos das excaixas. Incluso agardamos operacións de concentración nos dous sentidos, sen que os Convenios de caixas ou banca recollan garantías laborais. As patronais alegan que a aceptación de recortes laborais garante a «empregabilidade», pero a concentración bancaria destrúe emprego.

Produtividade

Din que é preciso aceptar máis medidas de flexibilidade para incrementar a produtividade, cando o rateo volume negocio/empregado subiu un 310'56% na última década. Ao mesmo tempo, a banca reduciu emprego en Galiza dun xeito escandaloso (pecharon 288 oficinas da banca privada e destruíronse 1.225 empregos á marxe da crise).
Incrementar a produtividade implica traballar e, polo tanto, traballar menos persoas en tempos de desemprego. A produtividade afecta á empregabilidade de xeito directo.

Salarios

As Direccións insisten nas mesas de negociación en que temos que arrimar o lombo para contribuír a salvación das empresas, pero manteñen os seus salarios e indemnizacións estratosféricas. A alta Dirección do Santander cobra 67 millóns de euros anuais, Francisco González do BBVA que ten 66 anos mantén un plan de pensións con 79 millóns de euros (13.144 millóns de pesetas). Tres altos executivos de Bankia cobraran máis de 10 millóns de euros.
As patronais non precisan negociar, só o farán se as obrigamos a facelo, e para iso, hai que moverse, non vale quedar parados. O tempo do sindicalismo de concertación pasou, hai que mobilizarse.
 
 
Manifestación da CIG Banca na Coruña o 15 de novembro 2011 Manifestación da CIG Banca na Coruña o 15 de novembro 2011 Manifestación da CIG Banca na Coruña o 15 de novembro 2011
Noutros momentos da manifestación da CIG na Coruña (15/11/2011). Foto: (cc)  CIG
 
 



Comunicado 111115 [.pdf • 204 Kb]


Ningún comentario: