4 de novembro de 2011

Ascensos por capacitación: Exames 2011

Un ano máis, foi fixada a data na que terán lugar os exames de ascenso a Niveis VIII, IX e X. As comunicacións que inician o proceso son GR.11.001 (Niveis IX e X) e GR.11.002 (Nivel VIII), e as podedes consultar a través de e-spacioEspazo persoal > Para ti dRRHH > Portal de Formación > Concurso Oposición.

A data do exameQR Code [.vcs • 1 Kb] será o martes 15 de novembro no Centro de Formación Noroeste, na rúa Juana de Vega 2, 2° andar, A Coruña, e, coma sempre, estaremos presentes para comprobar que o proceso transcorre segundo as normas.

O exame, coma en anteriores convocatorias, será tipo test con 4 posibles respostas por pregunta e só unha válida. Haberá 3 versións do exame para cada nivel coas mesmas preguntas en distinta orde.

  • NIVEL VIII.— 60 preguntas de 09:30 a 12:00 (2’30 horas).
  • NIVEL IX.  — 60 preguntas de 12:30 a 15:00 (2’30 horas).
  • NIVEL X.   — 60 preguntas de 16:00 a 18:30 (2’30 horas).
Horarios segundo o CET (CUT+1)

Non esquezades que na presentación ao exame é necesaria a acreditación por medio de DNI, Pasaporte ou Permiso de Conducir, xa que é requisito indispensable para o acceso ás probas. Non se permite o uso de calculadoras.

Unha vez comezado o exame poderán incorporarse persoas que cheguen tarde á proba mentres que non saíra ninguén da aula. Para evitar molestias, non se permite a saída ata pasados 30 minutos para o exame de niveis IX, e 1 hora para nivel VIII.

O día 17 reúnese o tribunal para corrixir os exames. Para optar á praza, a puntuación mínima para calquera dos niveis será de 5 puntos. Tede en conta que este ano hai máis solicitudes que vacantes no nivel VIII, polo que canto mellor sexa a cualificación que obteñades, máis posibilidades teredes de acadar o ascenso.

As relacións de aprobados e aprobadas terán que ser expostas na Territorial na primeira quincena de decembro de 2011 e haberá 10 días dende a súa publicación para posibles reclamacións.

Os gastos de viaxe, que só se pagarán ás persoas que realicen efectivamente o exame, son, outra vez, inxustamente restritivos:

  • COMIDAS: Só para opositores/as fóra da praza do exame. Máximo de 12,02 euros.
  • VIAXES: Só para opositores/as fóra da praza do exame. Usáranse medios de comunicación públicos. Excepcionalmente e por ausencia destes, se tivera que desprazarse no seu vehículo particular, compensárase o gasto a 0,24 euros/km. exclusivamente e só se a distancia entre o centro de traballo e o de exame é de máis de 25 quilómetros. É dicir, que non teñen pensado pagar nin peaxes nin aparcamentos.
  • ALOXAMENTO: Só para concellos moi lonxe da praza do exame. Para reservar hotel, tedes que contactar con Eva Bayle Sánchez (U094834, Ibercom 88916 ou no buzón de correo BZB00439).
  • CLAVE DE LIQUIDACIÓN DE GASTOS: 000393.

Recomendacións ás persoas interesadas:

  1. Buscade as combinacións viables en transporte público tendo en conta, naturalmente, o desprazamento dende a estación de tren ou autobús ata o hotel e ata o lugar do exame. Tede en conta que non vos van pagar peaxes nin aparcamento, polo que seguramente sairavos moito máis a conta o transporte público, aínda que e fácil que vos obrigue a pernoctar na Coruña debido aos horarios.
  2. En caso de dúbida podedes contactar coas persoas responsables do Centro de Formación para evitar problemas: Eva Bayle Sánchez (U094834, Ibercom 88916) ou no buzón de correo de formación BZB00439.
  3. Contactade cos/coas vosos/as Representantes Sindicais no caso de atopar problemas de calquera tipo. Tentaremos axudar.

Moi boa sorte para todos e todas !!!

Ligazóns relacionados:

Buses urbanos: Liñas e horarios    http://ir.gl/BUS-Coru
Horarios do tren desde Compostela    http://ir.gl/RENFE
Procura de Buses Interurbanos    http://ir.gl/BUSES-Cor




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 111104 [.pdf • 36 Kb]


Ningún comentario: