Estase a cargar, agarde un momento por favor!

1 de maio de 2011

Máis de 17.000 cidadáns rexeitan os recortes sociais

En total foron nove as manifestacións organizadas pola CIG en toda Galiza este 1º de Maio, día para lembrar aos «mártires de Chicago»  e conmemorar na súa honra o Día Internacional da Clase Traballadora. Con estas mobilizacións, convocadas baixo o lema «Polo emprego, non ás reformas do capital. Defendamos os nosos dereitos», o sindicalismo nacionalista e de clase galego rexeitou na rúa a política de recortes sociais que están a aplicar os distintos gobernos seguindo as directrices do capital.

Manifestación do primeiro de Maio (2011) en Ourense
Manifestación en Ourense, rúa do Paseo. Foto: (CC) SusoPb

Os datos da Enquisa de Poboación Activa feitos públicos recentemente en Galiza, hai 226.500 parados neste primeiro trimestre de 2011, 23.000 máis que no trimestre anterior e 25.900 máis que no mesmo trimestre do ano pasado, o que sitúa a taxa de paro no 17,3 %  nos amosan que as reformas que se fixeron foron erradas, nin os plans estratéxicos anunciados por parte da Xunta de Galiza, nin os pactos ou acordos asinados entre as respectivas administracións, a patronal e os sindicatos estatais, están servindo para corrixir a problemática da perda de emprego e as perspectivas que hai para 2011 non son de crear emprego, senón de que se siga destruíndo.

Tedes máis información desta xornada e imaxes no xornal dixital Avantar.

Ningún comentario: