Estase a cargar, agarde un momento por favor!

14 de maio de 2011

Galego, a nosa razón de ser

Paremos os ataques contra o galego!

A Plataforma Cidadá Queremos Galego chama a toda a sociedade galega a seguirse mobilizando en defensa da nosa lingua e da nosa cultura propias este vindeiro 17 de maio, Día das Letras Galega, desta volta mediante a metodoloxía da «mobilización expansiva»: concentracións simultáneas no maior número posíbel de localidades galegas, e tamén no exterior.


En Galego, sabes máis, sabes todo!

O galego é moito máis que un simple mecanismo para transmitir ideas. A nosa lingua serve para comunicar. Aínda máis: ela mesma se converte nunha idea máis, dunha forma de ver o noso mundo. Contribúe a crear lazos afectivos entre as persoas. Coas que veñen e coas que se foron, cos nosos antergos e coas que ha de nacer.
A nosa lingua é unha fonte inesgotábel de riquezas culturais, económicas e de utilidades prácticas, un pasaporte para andar polo mundo máis alá do Miño e dos Océanos. Chega a se materializar en bens ou nun produto máis do traballo.

Ás veces tamén é unha arma para conservar o traballo no país, fai que o traballo quede en galiza, solicita a atención en galego sempre e evitas asi a deslocalización de servizos.

50.000 persoas manifestarónse o 21 de xaneiro 2010, en Compostela coa plataforma «Queremos Galego!»
50.000 persoas na última manifestación de «Queremos Galego!». Foto: Pepe Ferrín [AGN]

Din que unha imaxe vale máis que mil palabras. Certo é que facer conta máis que dicir; por iso nós damos pasos claros. Mais, que imaxe poderíamos dar co noso silencio?

En Galego, sempre somos

Arredor de 4.000 rapazas e rapaces de diferentes centros educativos participaron na primeira carreira da edición 2011 do «correlingua», celebrada o pasado luns 2 de maio en Compostela. Unha actividade que se celebra de xeito regular desde o curso 2000-2001, consistente en diferentes carreiras que se celebran en 15 vilas de Galiza, e na que se prevé unha participación de 45.000 rapaces e rapazas procedentes de 400 centros educativos de todo o País.

O Correlingua está organizado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG), a Confederación Intersindical Galega – Ensino (CIG-Ensino), a Mesa pola Normalización Lingüística, e os Concellos de Lugo, Pontevedra, Santiago e Vigo, e conta tamén coa colaboración das Deputacións de Lugo, A Coruña e Ourense, así como os concellos de Ames e Teo na comarca de Santiago.

Hai moitas opcións para vivir en galego, tamén nas novas tecnoloxías; aposta por utilizar a nosa lingua!


Ligazóns de Interés:
Día das Letras Galegas 2011:
Lois Pereiro
Autoaprendizaxe:
e-galego
Culturais:
Programa de TV Ben Falado!

Ningún comentario: