24 de maio de 2011

Convocatoria Ascensos por Capacitación 2011

Un ano máis, a empresa convoca os ascensos por capacitación, dos que vos axuntamos un resumo que esperamos sexa de utilidade.

Podedes atopar o regulamento no espacio, en Normativa, buscando polo número de comunicación:

  • NIVEL VIII: GR.11.002
  • NIVEIS IX E X: GR.11.001


O prazo de admisión de solicitudes desta convocatoria finaliza o 30 de xuño.

A solicitude de admisión a calquera dos concursos, ten que facerse a través do Campus Virtual de Formación, seguindo esta ruta de acceso:

Espacio personal / Para ti dRRHH / Portal de Formación / Concurso Oposición / Solicitud Concurso Oposición.

Ao acceder por esta ruta, a duración dos cursos é un dato ficticio, así como as datas que figuran nos pantallazos da guía. Esperamos que nos fagades chegar calquera comentario ou dúbida que teñades.

Lembrade que quen o precise, poderá solicitar os manuais en papel, enviando unha solicitude razoada ao correo electrónico do Centro de Formación da D.T. Noroeste: formacion.noroeste@grupobbva.com, indicando a dirección da oficina á que se deben remitir.

Deste xeito facilítase o estudo, xa que a extensión da materia fai que non sexa sempre posible nin recomendable o estudo directo dende a pantalla, nin a impresión de cada manual páxina a páxina.

Temos tamén que recomendar unha vez máis que toda aquela persoa que poida, se presente as probas, xa que o ascenso, que conta dende xaneiro de 2011, é importante, afecta ao soldo pensionable, e non é unha retribución voluntaria que poida aparecer ou desaparecer a vontade da patronal.

Xa vos comunicaremos con tempo a data do exame, que será no último trimestre do ano. Normalmente ten lugar a mediados de novembro.

Seguiremos procurando información destes temas e contamos coa vosa colaboración para que nos comuniquedes calquera problema, dúbida ou inquietude que teñades ao respecto.




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 110524 [.pdf • 115 Kb]


Ningún comentario: