15 de abril de 2011

Oferta formativa da ForGA

Formación da CIG


A Fundación para a Orientación Profesional, Emprego e Formación en Galicia (ForGA) oferta máis de 300 cursos e obradoiros.

Ainda que o obxectivo prioritario é a formación de desempregados e desempregadas, con necesidades especiais de reinserción no mercado de traballo, poden participar tamén nas accións formativas os traballadores/as tanto da administración pública como da empresa privada. Deste xeito contribuise a mellora das condicións laborais, axudando a instaurala formación profesional ao longo da vida, contribuindo tamén con isto á reciclaxe das traballadoras e dos traballadores e á adaptación aos cambios tecnolóxicos.

Velaquí tedes unha pequena escolma dos cursos que poideran ser do voso interés, a maioíra son presenciais e algunhos por medio de teleformación; todos son de balde e non tes que estar necesariamente afiliado ao sindicato da CIG.

Precisas darte de alta como usuario/a na plataforma da Fundación, para elo ten a man o teu número de afiliación á seguridade social e o CIF da empresa para a que traballas (o do BBVA é:  A-48265169).

Algunhas das ofertas formativas desenvoltas pola ForGA
Curso Matriculación Dur. Mod. Proceso
Alfabetización dixital Linux 011 21/10 : 30/04/11 53 h. Pres. Preinsc.
Configuración de redes 070 21/10 : 30/04/11 45 h. Pres. Preinsc.
D. GG. fam. c/fillos(as) c/disc. 091 21/10 : 30/04/11 21 h. Pres. Preinsc.
Habilidades sociais 155 21/10 : 30/04/11 25 h. Pres. Preinsc.
Inglés atención ao público 169 21/10 : 30/04/11 45 h. Pres. Preinsc.
Iniciación linguaxe de signos 174 21/10 : 30/04/11 25 h. Pres. Preinsc.
Portugués 277 21/10 : 30/04/11 45 h. Pres. Preinsc.
Sinatura electrónica 323 01/08 : 30/04/12 21 h. Pres. Preinsc.
Técnicas de fotografía 340 21/10 : 30/04/11 55 h. Pres. Preinsc.
Arquivo e documentación 001 05/04 : 09/05/11 20 h. Tele. Preinsc.
Violencia de xénero 003 05/04 : 30/05/11 20 h. Tele. Preinsc.

Tedes máis información sobre os requisitos, preinscripción, localización dos centros e catálogo completo para todos os sectores da oferta formativa no sitio da fundación.

A natureza da presente oferta de cursos ten caracter meramente informativo e orientativo e non vincula a ForGA a impartir as accións publicadas, deica se confirme, pola Fundación, a organización definitiva dos cursos, así como a matrícula e selección do participante e o lugar de impartimento.


Ligazón relacionada:

 (ForGA)


https://forga.gal



➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Ningún comentario: