Estase a cargar, agarde un momento por favor!

16 de febreiro de 2011

Vacacións 2011

Como dixemos o ano pasado, parte do persoal pode perder de entre 1 a 3 días de vacacións grazas ao acordo de libranza de sábados [.pdf • 170 Kb]. A norma xa o reflicte.
O banco actualizou a norma 93.70.003   o 15 de xullo de 2010. Pasamos a comentar a norma aínda vixente:


  1. 23 días - art. 26 do Convenio Colectivo de Banca.
  2. Período establecido no Pacto Colectivo de 6-02-2001, modificado parcialmente polo Acordo Colectivo de Empresa de decembro de 2009.

SISTEMA DE 23 DÍAS
Non computa sábados, domingos ou festivos. o O disfrute pódese fraccionar ata en 3 períodos, sendo preciso para o terceiro o acordo entre as partes. o O persoal que disfrute ininterrompidamente de, cando menos, 5 días das vacacións fóra do período de 01/04 a 31/10 de cada ano, poderá ampliar as súas vacacións anuais en 1 día adicional, cuxo disfrute se realizará de xeito independente do cadro de vacacións.
SISTEMA ESTABLECIDO POR PACTO COLECTIVO
o Cómputo de días de traballo efectivo, é dicir, os días nos que cada empregado/a presta realmente servizos no banco, quedando por tanto excluídos os domingos, festivos, e:
  • Persoal con Horario Continuado.- Sábados exclusivamente comprendidos entre o 1 de abril e o 30 de setembro (tempada de «verán»).
  • Persoal que libra todos os sábados do ano.— Todos os sábados do ano.

    O número de días efectivos de vacacións a disfrutar, estará en función da xornada e horario de traballo que realiza cada empregado/a:

    • Persoal con Horario Continuado.— 24 a 28 días efectivos de vacacións, dependendo do peso que nas tempadas de inverno (01/01 a 31/03 e 01/10 a 31/12) e verán (01/04 a 30/09) teñan no cómputo e desenvolvemento final das súas vacacións.

      Anexo1.- Táboa que especifica o nº de días de vacacións en función do período no que se disfruten

    • Persoal que libra todos os sábados do ano.— 25 días efectivos de vacacións.

      Polo tanto, facendo igual número de horas que cando podiamos optar ata a 28+1 día, agora como máximo teríamos 25+1.

  • Con este sistema, as vacacións pódense disfrutar ata en 4 períodos, sendo preciso o acordo entre as partes para fixar as datas do último e, sempre e cando, un dos 4 períodos teña unha duración de, cando menos:
    • Horario Continuado.— 12 días efectivos de vacacións na tempada de «inverno» ou 10 días efectivos de vacacións na tempada de «verán».
    • Horario Partido.— 10 días efectivos en calquera momento do ano.

Ollo!!! Neste apartado e no seguinte, a norma segue a falar de horario partido e continuado, o que xa non parece ter moito sentido. Cremos que o persoal afectado polo acordo dos sábados debe acollerse ao tratamento do horario partido por ser o máis beneficioso e por ser o que aplicou a empresa cando serviu para nos restrinxir dereitos.

Día adicional por vacacións en inverno:
Día extra a disfrutar en calquera momento do ano previo acordo entre as partes, por disfrutar dun período de vacacións de determinada duración na tempada de «inverno».
A súa solicitude farase de modo independente do cadro de vacacións («Outras vacacións» / «Día adicional por vacacións en inverno»):
  • Horario Continuado.— 18 días efectivos en «inverno».
  • Horario Partido.— 15 días efectivos en «inverno». Así obtemos 26 días en total, mentres que no mesmo caso segundo a táboa, no peor dos casos teriamos polo menos 1 día máis.

NORMAS DE PROCEDEMENTO
  1. O disfrute das vacacións anuais retribuídas non é substituíble por compensación económica, e o seu disfrute é obrigatoriamente dentro do ano ao que corresponde.
    • En caso de que o período de vacacións coincida con incapacidade temporal derivada do embarazo, parto ou lactación naturais ou coa suspensión de contrato prevista no art. 48.4 ET (parto, adopción ou acollemento), poderán ser disfrutadas inmediatamente a continuación dos períodos de descanso recoñecidos, aínda que rematara o ano natural a que corresponden.
    • As vacacións do persoal que ingrese, reingrese ou cese no transcurso do ano serán proporcionais aos días traballados no mesmo, e se disfrutarán cando o permitan as necesidades do servizo.
  2. O período hábil para o disfrute de vacacións, vai do 1 de marzo ao 30 de novembro, ambos inclusive, de cada ano. Non obstante, o persoal que o solicite, sempre que as necesidades do servizo o permitan, poderá tomar as súas vacacións nos restantes días do ano.

  3. O persoal deberá ter a posibilidade de coñecer o seu calendario de vacacións, cando menos con dous meses de antelación á data do disfrute.

  4. Terá preferencia para o disfrute de vacacións, o persoal con fillos/as ao seu cargo, que o precise na época de vacacións escolares cando estes/as realicen cursos de Educación Primaria ou Educación Secundaria Obrigatoria (ESO). En caso de coincidencia neste punto, terá preferencia o empregado/a de maior antigüidade no Banco, e no caso de coincidiren tamén, o/a de maior idade.

  5. Os traballadores/as que disfruten as vacacións en varios períodos, non terán preferencia para elixir o segundo ata que o resto do persoal afectado polo cadro non elixira o seu primeiro. Procederase do mesmo xeito para os períodos posteriores.

  6. Se durante o disfrute das vacacións o empregado/a sufrira internamento clínico ou enfermidade grave, xustificada, E NOTIFICADA AO BANCO NO PRAZO DE 24 HORAS non se computarán como vacacións os días que durara o internamento ou enfermidade. Os días de vacacións pendentes se disfrutarán cando o permitan as necesidades do servizo.

PROCEDEMENTO DE SOLICITUDE

A confección do calendario de vacacións farase a través da aplicación «Xornadas, Vacaciones y Licencias», dende e-spacio > para ti RR.HH > Información Persoal.

Cada empregado ou empregada solicitará os períodos que desexe e o remitirá para a súa autorización. Se o cómputo anual adáptase á normativa, pasarao ao seu xefe/a inmediato para que, verificado o resto da unidade, autorice ou denegue, no seu caso, indicando o motivo da denegación.

Para aqueles empregados/as que non teñan acceso a e-spacio, o seu xefe/a inmediato ten que mandar un correo coa matrícula, nome, sistema de cómputo e períodos autorizados a Administración de Persoal — Funciones Centralizadas: G010065V @grupobbva.com.

O prazo de confección do Cadro de vacacións finaliza o 28 de febreiro de 2011.

Os períodos autorizados no Cadro considéranse períodos de disfrute, polo que:

  • Os empregados/as que disfruten as vacacións nos períodos marcados non deben facer máis nada.
  • Se o disfrute non coincidise co aprobado no Cadro, debe procederse á
    solicitude de anulación
    a través de e-spacio e posteriormente á solicitude do período de disfrute correcto.

Os/as empregados/as deben disfrutar as vacacións nas épocas sinaladas no cadro:

  • De non ser así, poden por exemplo, xurdir problemas no caso dun accidente laboral en datas nas que o traballador/a non debería estar no centro de traballo.
  • Asemade, é importante para o abono das bolsas de vacacións, e para determinar o seu importe.

OUTRAS LIBRANZAS

Días de libre disposición: 4 días de licenza retribuída, que serán disfrutados nas datas acordadas entre a Dirección da empresa e o Empregado/a.

Día de Nadal: 1 día de licenza retribuída, entre os días 24 de decembro, 31 de decembro, ou 5 de xaneiro. No caso de que algún destes días fora festivo, o seu disfrute trasladarase ao día hábil inmediato anterior.

Día extra de inverno: (ver antes de normas de procedemento).

NON DEIXEDES DE CONSULTAR CON NÓS ANTE CALQUERA DÚBIDA OU PROBLEMA SOBRE ESTE ASUNTO

Comunicado 110209 [.pdf • 48 Kb]
 

Ningún comentario: