17 de novembro de 2010

A CIG chama a seguir mobilizándose para denunciar as políticas regresivas de Xunta e Estado español

Manifestacións en todas as comarcas este xoves 18 de novembro contra as reformas do capital e os orzamentos do Goberno galego
Os horarios (CET) son os seguintes:


A CIG chama as demáis Centrais Sindicais a mobilizar novamente á Clase Traballadora. A resposta contundente que dimos na xornada de do día 29 contra a , non foi suficiente para modificar a decisión do Goberno Español.

As medidas que contempla a Reforma referidas a abaratar o despido, paralizar os Convenios e sustituir contratación indefinida por ETTs, ten unha intención evidente de deixar desprotexida á clase traballadora diante das Empresas e unha finalidade de reducir os salarios.

Na actualidade xa estamos comprobando os efectos mais inmediatos da Reforma, estase a producir numerosos despedimentos amparados en causas obxectivas, que so lle custan 12 días ás empresas, xa que 8 os paga o FOGASA (Fondo de Garantía Salarial), e dicir, todos e todas nós.

Pero as medidas contra a Clase Traballadora non acaban nesta Reforma, teñen preparada unha Reforma das Pensións para mellor negocio da Banca; a Reforma da negociación colectiva (Convenios), para impedir que os propios afectados, os traballadores e traballadoras poidamos decidir sobre os nosos Convenios e poder reducir significativamente os salarios. Finalmente queren reducir tamén as prestacións por desemprego.

Todas as Reformas atacan de xeito brutal os nosos dereitos, os que conquistaron os nosos Pais e nos mesmos na historia de loita da Clase Traballadora.

O Goberno Español e o PP obedecen disciplinadamente a doutrina que reclama o FMI (Fondo Monetario Internacional), Banco Mundial e todas as demais Institucións do Capitalismo. Retirar dereitos, salarios. servizos e prestacións públicas. Transferir salarios da clase traballadora para rendas dos capitalistas e diminuír a protección e os servizos públicos, o ensino, saúde, etc, todo para negocio privado.

A Clase Traballadora loita con dignidade en Francia, Grecia e nos próximos días en Portugal. En Galiza o pasado 29 de Setembro dimos unha resposta incontestable contra a Reforma. O futuro dos nosos dereitos depende de nós mesmos.

A maiores a crise está a destruir sectores vitais da nosa economía en Galiza, abandonados deliberadamente polo Goberno do Estado e a Xunta, mentres contrariamente conceden axudas multimillonarias á Banca e a sectores das Multinacionais e Grandes empresas.


Temos moitas razóns para loitar, e coa CIG a loita continua
Temos moitas razóns para loitar, e coa CIG a loita continua. Foto: (CC) SusoPb

Defendamos os nosos dereitos e os nosos sectores estratéxicos do País

Outro modelo económico e social é posible contra as reformas do capital




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]






Ningún comentario: