Estase a cargar, agarde un momento por favor!

28 de setembro de 2010

Fai escoitar a túa voz !!!

Dende a Sección Sindical da Confederación Intersindical Galega (CIG) no Banco Bilbao Biscaia Arxentaria (BBVA), animámosvos a todos e todas a participar activamente na FOLGA XERAL DO 29 de SETEMBRO e tamén nas manifestacións convocadas por nós para o mesmo día da .

Os horarios (CEST) das distintas mobilizacións programadas pola CIG para rexeitar a reforma laboral do Goberno español e reclamar outro modelo económico e social máis xusto e solidario son os seguintes:

Lembrade que os dereitos dos traballadores e traballadoras e a mellora das nosas condicións de vida, sempre se conseguiron pola vía da mobilización e da folga. Coas medidas que se están a adoptar preténdese que paguemos unha crise que non provocamos. Na CIG apostamos por conquistar un modelo económico e social que favoreza un xusto reparto da riqueza e que evite a súa concentración en poucas mans, como ocorre actualmente.

Ningún comentario: