Estase a cargar, agarde un momento por favor!

11 de maio de 2010

¡¡¡Non ao acoso laboral no BBVA!!!

Acoso Laboral
Recentemente tivemos novas de que un rapaz que levaba dous meses no banco, presentou a súa renuncia ao resentirse a súa saúde debido ás continuas presións que recibía por parte da dirección da súa oficina.

Estamos a ter, nos últimos tempos demasiadas novas sobre comportamentos inexplicables por parte do departamento de RR.HH da Territorial, e este non é mais que un de eles; e é que cando unha persoa nesta situación se presenta dicindo que quere renunciar,

• Como se pode non informarlle do seu dereito a acudir ás reunións coa empresa na compañía dun representante sindical para que o poida asesorar, e facer así que dispoña desa opción?

• Como se pode tentar xustificar o comportamento do director con comentarios do tipo «xa sabemos como é, tes que entendelo» ou «é o seu carácter»?

• Como se lle pode dicir, que «se o tivera dito antes...»? pero... Antes de que?

• Como se lle pode non acusar recibo da carta de renuncia que lles fixo chegar?

A soidade e indefensión que debeu sentir o compañeiro neses momentos debeu ser terrible.

Por suposto, imos facer un especial seguimento do que ocorra nesa oficina, e do que fai á empresa ao respecto, xa que é un tema moi serio e non se debe consentir.

Nós soubémolo tarde. Esperamos que non volva a pasar. É labor de todos e todas denunciar estes casos. Se non contamos coa vosa colaboración, o departamento de RR.HH ignora as nosas queixas.

Está nas nosas mans loitar contra estas condutas e impedir que sexa tarefa fácil para a empresa consentilas, ocultalas ou protexelas.

Ningún comentario: