Estase a cargar, agarde un momento por favor!

1 de maio de 2010

CC.OO autoriza un ERE na fusión das Caixas de Castela León

O Pacto Laboral da Fusión de Caja España e Caja Duero, asinado por CC.OO e CISCA, forma parte dun ERE (Expedente de Regulación de Emprego), que agora debe ser aprobado pola autoridade laboral para entrar en vigor. Estamos ante un perigoso precedente nun momento de restruturación do sector financeiro que ten comezado polas Caixas de Aforros.

A CIG, que foi excluida na mesa negociadora deste proceso, rexeita claramente que o Pacto Laboral forme parte dun ERE. Admitir que duas entidades financeiras con beneficios; que afrontan un proceso de fusión acordado e con axudas públicas; no que as cúpulas directivas responsables da situación das entidades continúran a fronte; presenten un ERE sen facilitar toda a información á representación sindical, senta un precedente que pode ser utilizado posteriormente por outras entidades.

Unha vez mais denunciar que mentres no resto dos sectores as axudas públicas estan condicionadas ao mantemento do emprego, as axudas as entidades financeiras son para destruir emprego.

Ademais as fusións non poden servir para agochar os problemas nos caixóns (nas caixas grandes), que continúen as irresponsables cúpulas directiva e que sexa o persoal o pagano da mala xestión.

Segundo as Caixas de Castela León este ERE, do que non facilitaron información aos sindicatos, suporá un aforro de 50 millóns de euros, que permitirá mellorar as condicións do persoal que sexa despedido e homologar as condicións do persoal que continue. As prexubilacións na práctica consisten en que a nova entidade complementará as prestacións de desemprego ata 90% si o traballador/a renuncia a novas achegas no Plan de Pensións ou do 80% si quere que continúen.

Hai que lembrar que nos plans de pensións de prestación definida é habitual que as maiores prestacións sexan nos últimos anos da vida laboral, polo que a extensión deste tipo de condicións a outras empresas sería especialmente gravoso para o persoal.

Pensamos que todos e todas os traballadores e traballadoras de bancos e caixas tedes o dereito de coñecer como as gastan algúns sindicatos, coa aprobación de ERE's a cegas sen coñecer nin sequera o seu contido.

Na recente liquidación do Citifin aceptaron o despido colectivo do persoal a través de baixas incentivadas en contra da opinión do persoal expresada nun referendo, pero agora aprobando un ERE dan un salto cualitativo. CC.OO abriu unha porta no sector que estaba ben pechada.

Ningún comentario: