Estase a cargar, agarde un momento por favor!

9 de febreiro de 2010

Solidariedade coas compañeiras de Sykes A Coruña e Bosch Vigo


Mais de 700 postos de traballo estan en perigo nos centros de chamadas de Sykes na Coruña e Bosch en Vigo que atenden, xunto co de Unísono tamén en Vigo, os servizos de atención ao cliente de Vodafone.

O pasado mes de setembro esta compañía pediu 6 autorizacións á Agencia Estatal de Protección de Datos, organismo dependente do Ministerio de Traballo, que preside Francisco Camaño do PSOE, para transferir as bases de datos de clientes do estado español para Colombia, Perú e Chile.

Calquera cesión de datos de clientes entre empresas dentro do estado require a autorización dos clientes, pero segundo a AEPD cando esa cesión é a terceiras empresas doutros paises non é necesario xa que non é "cesión" é unha transferencia internacional, un absurdo que beneficia as grandes empresas nos procesos de deslocalización.

Hoxe as compañeiras de Sykes comezaron co proceso de mobilizacións e paros que continuaran o vindeiro día 15 de febreiro que tamén iran a folga en Bosch Vigo.

1 comentario:

Mondoxíbaro dixo...

Esto si que é un escándalo que AEPD permita trasladar os datos dos clientes. Hai que denunciálos onde sexa!