Estase a cargar, agarde un momento por favor!

22 de decembro de 2009

Plan Igualdade

O día 10 de decembro a nosa Sección foi convocada a unha nova reunión en Madrid para comentar a situación do Plan de Igualdade. O BBVA non fixo modificación algunha (salvo unha actualización legal) ao texto proposto en xuño, e o resto de sindicatos non fixeron ata ese momento achega ningunha excepto nós, que aportamos suxestións e correccións en febreiro ao diagnóstico, en xuño ao tratamento do proceso e á escasa información achegada, e finalmente, en resposta á proposta de Plan do BBVA en setembro.

Nin houbo nin hai a día de hoxe resposta a ditas achegas, aínda que a empresa di que no mes de xaneiro, nunha nova reunión, se estudarán as distintas propostas.

Entrementres, tentamos de actualizar as nosas posicións e de estudar propostas de outros sindicatos para facer unha fronte común.

Nesta reunión e sen previo aviso, o BBVA aproveitou para achegar unha proposta de acordo para o peche de oficinas en sábado á representación sindical.

Como xa vos comentamos, esta proposta será estudada e valorada para que non supoña unha perda para o persoal do BBVA, e vos comunicaremos a dito análise polo miúdo en canto que o deamos completado.

Para poder valoralo do xeito máis global, esperamos que nos fagades chegar as apreciacións que vos parezan pertinentes a través do noso correo electrónico.

Ningún comentario: