22 de decembro de 2009

A CIG reúnese coa Consellería de Traballo para analizar a situación laboral no BBVA

O día 25 de novembro tivo lugar esta xuntanza, na que una representación da nosa Sección Sindical puido falar co Director Xeral de Relacións Laborais, dalgúns temas preocupantes no eido laboral en xeral e máis en particular de problemas que afectan ao persoal do grupo BBVA.

  • Por unha banda, puxemos en coñecemento da nova Administración da Xunta, do papel que o BBVA xoga como destrutor de traballo de calidade en Galiza e no Estado español fronte á creación de menos postos, de peor calidade, eludindo integrar ao novo persoal no Convenio de Banca, e desprazando ditos novos postos a Málaga ou a outros países como Arxentina, Perú, Chile…
  • A concatenación de contratos temporais que se vén facendo para cubrir postos estruturais en oficinas, foi tamén un tema destacado, máxime cando está a piques de levarse a cabo unha quenda de novas contratacións, nas que vai primar a idade fronte á experiencia dos traballadores e traballadoras que xa levan anos nas nosas oficinas.
  • Noutra orde de cousas, manifestamos a nosa preocupación pola falla de transparencia nas comunicacións coa empresa e, en particular, no proceso de elaboración do Plan de Igualdade.
  • Quedamos pendentes de repetir estas reunións para facer seguimento dos temas tratados e buscar vías de solución para estes o aqueles novos que puideran xurdir. Asemade, nos ofreceu a súa cooperación como mediador e como ponte para a impulsar a actuación conxunta de outros departamentos da administración laboral.




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]






Ningún comentario: