Estase a cargar, agarde un momento por favor!

30 de abril de 2009

O 1º de maio si que vai con nos


A intensidade con que se está desenvolvendo a crise está provocando a destrución acelerada de postos de traballo, tamén na nosa empresa, e está sendo utilizada como escusa para o recorte das nosas condicións laborais.

Uns recortes nas condicións laborais ante os que pretenden permanezamos calados, por “responsabilidade” ante a situación das empresas, unha situación que nós non creamos. Un problema xeral, pero que vivimos de xeito particular no BBVA.

Despois de recibir axudas públicas por 150.000 millóns de euros, ¡¡¡25 billóns das antigas pesetas!!!, Bancos e Caixas, entre eles BBVA, teñen optado por recortes no emprego e polo peche de oficinas.

Nos últimos meses máis de 100 centros de traballo do sector financeiro pecharon as portas en toda Galiza, no inicio dun proceso de reconversión subvencionado no que xa estamos asistindo a despedimentos e baixas incentivadas (despedimentos “voluntarios” pactados).

A xestión especulativa das Entidades Financeiras provocaron unha das maiores crises económicas que se recordan, pero as Direccións, en lugar de asumir responsabilidades, continúan dando pasos adiante nun modelo económico fracasado, inxusto e caduco.

Se o primeiro de maio é unha data histórica para o movemento obreiro e sindical, hoxe está máis vixente que nunca.

É por iso que che pedimos que participes nas mobilizacións convocadas pola CIG ao longo de todo o país.


Polo emprego, dereitos e prestacións sociais
Por un novo modelo económico e social

Ningún comentario: