2 de marzo de 2009

Plan de Igualdade BBVA: Diagnóstico


O día 26 de febreiro reuniuse en Madrid a Mesa de Relacións Laborais de BBVA para que a empresa lle presentara aos sindicatos que alí acudimos, o diagnóstico que lle encargaron a unha empresa consultora sobre a situación de BBVA dende unha perspectiva de xénero, como paso previo á elaboración do Plan de Igualdade.

Como xa é habitual, BBVA non contou con ninguén para negociar cales deberían de ser os puntos dende os que facer o estudio, xa que os sindicatos fomos convocados para a presentación sen ter sequera coñecemento de que se estaba a realizar, e tampouco facilitou información escrita algunha do diagnóstico presentado, aínda que afirman que é moi bo.

Por suposto, non achegou os datos obxectivos cos que foi elaborado o diagnóstico, sendo o seu argumento, que como o encargaron a unha empresa consultora, a obxectividade está garantida.
Tanto nós coma outros sindicatos, aínda que non todos, estamos en total desacordo con estes plantexamentos, xa que se ben non temos porque dubidar do traballo realizado pola consultora, non temos garantía de ningún tipo sobre que os datos que lles foron facilitados sexan obxectivos ou non manipulados.

En resumo, BBVA quere cumprir un requisito legal e logo darlle publicidade coma se fose unha empresa realmente preocupada pola conciliación ou a igualdade, e quere facelo rápido e sen contar con ninguén.

Nós, pola nosa banda, cremos que ter un Plan de Igualdade útil, partindo dun diagnóstico real e contando coa participación de sindicatos e traballadores e traballadoras, podería corrixir moitas inxustizas e mellorar a calidade de traballo no BBVA.

Sabemos que non vai ser doado, pero imos tentar por todos os medios que a confección do Plan de Igualdade da nosa empresa non se converta nun mero trámite, e que poda chegar a ser unha ferramenta de promoción de políticas reais e efectivas para o fomento da igualdade entre homes e mulleres.




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]






Ningún comentario: